« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

NIGRÁN DESDE VILARIÑO

     

 

Un ano máis , dende o  centro propoñémonos realizar un proxecto de traballo común a todas as etapas e ciclos.

No presente curso 2014-2015 imos estudar o noso concello, “NIGRÁN desde VILARIÑO”, atendendo as súas singularidades, a distribución xeográfica (parroquias), os seus sendeiros, a costa, os costumes, os  personaxes relevantes, o seu patrimonio, os xogos tradicionais etc…

En resumo, o noso propósito é que o fin deste ano académico toda a comunidade educativa coñeza mellor e valore este fermoso recanto de Galicia que todos e todas compartimos.

Para comezar nesta andaina queremos retar a todas as familias a participar nun certame de fotografía que chamaremos “RECANTOS DE NIGRÁN”.

 

BASES DO CERTAME   DE FOTOGRAFÍA “RECANTOS DE NIGRÁN”

1.       Cada familia poderá presentar un máximo de dúas fotografías.

2.       A fotografía debe ser orixinal*  e estará tomada expresamente para o certame.

 *( Non se admitiran  copias ou montaxes).

3.       Debe ser tomada en algún lugar do  concello de Nigrán, preferiblemente no exterior, aínda que poden aceptarse aquelas fotografías tomadas no interior de algún edificio con interese histórico ou patrimonial.

4.       Na fotografía non aparecerán persoas, pero si obrigatoriamente deberá aparecer unha  galiña en volume de cor azul coas ás vermellas. A proposta plástica e elaboración da galiña é libre en tamaño e materiais.

5.       As fotografías deben ser presentadas en formato dixital.

As recolleremos de dúas maneiras:

-          Nunha chave de memoria USB (pendrive), a través do/a titor/a.

-           Na dirección de correo electrónico: ceipcarloscasares@gmail.com

6.       Cada fotografía virá acompañada dos seguintes datos:

-          Titulo ou pé de foto.

-          Nome do alumno/a que a presenta.

-          Lugar onde foi tomada.

7.       A data límite de recollida das fotografías  será o 28 de Febreiro do 2015. Ampliamos o prazo ata o 27 de marzo.

8.       A fotografía gañadora será elixida mediante votación na “Xornada de portas abertas”na que toda a comunidade educativa terá dereito ao voto.

CONTOS SAMAÍN

Hoxe tivemos con nós a mellor contacontos do mundo mundial, Paula Carballeira!! Contounos historias terroríficas coas que rimos e tamén pasamos un pouquiño de medo. Picade na imaxe para ver as fotos.

VISITA AO ZOO 1º E 2º

Os nenos e nenas de 1º e 2º foron o zoo da Madroa, desfrutaron moito da súa visita e o que máis lles chamou a atención foi a bolboreta máis grande do mundo! Mirade que fotos!!

 

RECURSOS PARA SAMAÍN

Aquí tedes unha páxina de recursos para traballar o SAMAÍN-HALLOWEEN, con cancións, películas, contos, actividades Lim... Entrade e veredes que é terroríficamente divertido!! PICADE NA IMAXE DE ABAIXO

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe 24 de outubro é o día das Bibliotecas! Nesta data, e diante dos cambios que sofren as bibliotecas pode ser útil volver aos principios e lembrar ao matemático e bibliotecario hindú, Shiyali Ramamrita Ranganathan, que en 1931 enunciou as "5 leis da biblioteconomía":

1. Os libros están para usarse.

2. A cada lector o seu libro.

3. A cada libro o seu lector.

4. Hai que aforrar tempo ao seu lector.

5. A biblioteca é un organismo en crecemento.

 

Que non lle falten libros ao noso alumnado, que teñan tempos e oportunidades para usalos, que cada rapaz, cada rapaza atope o libro (ou á persoa) que o vincule á lectura "de por vida", e que as nosas bibliotecas escolares sigan vivas e sigan a desenvolverse en todos e cada un dos centros educativos.

 

FELIZ DÍA DAS  BIBLIOTECAS ESCOLARES!!

Protocolo do comedor escolar. Normas que debemos cumplir.

Para que todo funcione ben no comedor, lembrámosvos

as normas que todas as familias debedes ter presentes.

Mínimos 1º trimestre. Curso 2014-2015

Estes son os contidos mínimos que estamos a traballar este trimestre.

INFANTIL

PRIMARIA

4º INFANTIL

1º PRIMARIA

5º INFANTIL

2º PRIMARIA

6º INFANTIL

3º PRIMARIA

 

4º PRIMARIA

 

5º PRIMARIA

 

6º PRIMARIA

 

INGLÉS

WELCOME!

As nenas e nenos de primeiro deron a benvida na clase de inglés con esta canción:

Hello knock! by Iria, Noa T. and Marta.

http://youtu.be/fZlCWhkLuJQ?list=UU2s7QHFRwRBYn7o6_8SYtjQ