Alumnado

Iniciar sesión

Padriños e Madriñas de aula

MARILAR ALEIXANDRE

O pasado 29 de maio recibimos á nosa nova madriña de aula Marilar Aleixandre.

O alumnado de 5º traballou ó longo do curso de xeito interdisciplinar  a figura da súa madriña:

Na lingua, lendo, creando guións e interpretando unha escolma de textos da escritora. 

Na educación artística e audiovisual, no deseño dos personaxes e escenarios, tratando e transformando a imaxe co editor libre  Pixlr Editor  e na animación coa técnica do STOP MOTION.

Na música, aprendendo e interpretando cancións con textos orixinais da autora  grazas aos arranxos e a composición musical de Eloy Porto, mestre de música.

Deixámosvos unha lista de reprodución que recolle as cinco curtas de STOP MOTION de  5º de EP  e o vídeo presentado polo alumnado de 5ºB  no certame "Ollo de vidro" de #Book-trailer#, regueifando recomendacións lectoras e polo que recibiron unha mención no Festival de Cans o pasado 23 de maio. Nesta lista, ademais, están engadidos os vídeos de 4º e 5º de E. Infantil  do conto "Dez abellas na laranxeira".

 

 

 

ACTO DE APADRIÑAMENTO: FRAN ALONSO

O 19 de Maio recibimos na escola a Fran Alonso, o padriño de aula de 4ºEP,  no marco do proxecto de biblioteca e ENLG que pretende poñer en valor ós autores e autoras da literatura infantil galega.  

O alumnado de 4º realizou a presentación, nun acto no que participamos todos e todas cos traballos realizados ao redor da obra de Fran Alonso.

 Aquí vos deixamos dous dos traballos audiovisuais, pronto subiremos un vídeo coas fotografías do acto no que houbo moito máis...

HOMENAXE A PAULA CARBALLEIRA

O mércores pasado tivemos a Paula Carballeira no noso cole para facerlle unha homenaxe por ser este ano a madriña das aulas de 2º. Aquí tedes uns vídeos que lle preparamos.

CONTOS SAMAÍN

Hoxe tivemos con nós a mellor contacontos do mundo mundial, Paula Carballeira!! Contounos historias terroríficas coas que rimos e tamén pasamos un pouquiño de medo. Picade na imaxe para ver as fotos.

Padriños de aula

 Ao comezo do curso 2013-2014 dende o equipo de ENDL e Biblioteca, nace a proposta de asignar as aulas do centro un PADRIÑO DE AULA.

 Que é un padriño de aula?

 O “Padriño de aula” é un proxecto a longo prazo, no cal paulatinamente cada unha das aulas

 do centro irá adoptando o nome dun escritor ou escritora en lingua galega.

Dito autor ou autora estará presente na aula dende o “acto de apadriñamento”,

 e a súa vida e obra será obxecto de estudio de todos os alumnos e alumnas, sendo deste xeito,

 un referente literario e humano para os nenos e nenas que ocupen este espazo.

 Que pretende o proxecto de apadriñamento?

 “ Achegar a cultura literaria en lingua galega aos nenos e nenas partindo do estudo das persoas que interveñen nela”