« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

ALMORZOS SAUDABLES

O xoves 20 de marzo fomos á Residencia de Tempo Libre de Patos. Tivemos un gran recibimento, conselleiras incluídas, e acto seguido fomos invitados a un almorzo moi saudable: macedonia, zume de laranxa natural, bocadilo de quiexo, xamón serrano e tomate, iogur caseiro con compota de mazá...E mentres disfrutabamos destes manxares déronnos uns cantos consellos sobre alimentación dos que tomamos boa nota.

 

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O pasado 8 de marzo, con motivo da celebración do "Día da Muller", recibimos no colexio unha visita moi especial.

Dúas nais e unha avoa do colexio viñeron falarnos do seu traballo no campo e na horta. Foi unha experiencia moi enriquecedora da que aprendemos moito.

Resumimos esta experiencia neste pequeno vídeo que esperamos que vos guste!

PROJECTS 6º My report.

Os alumnos/as de 6º traballaron como xornalistas, preparando preguntas na clase de inglés e entrevistando logo a familiares ou profesores. Aquí temos o seu traballo. A quen entrevistarían?

ENTROIDO

Xa está aquí o entroido.

Se queredes saber máis sobre esta celebración popular, aquí tedes información moi interesante.

E para ver as fotos do noso "Entroido da horta", xa sabedes o que tedes que facer. Que ben o pasamos!

     
Infantil 1º ciclo 2º ciclo 3º ciclo

Guía de Poesía de Rosalía

Aquí tedes unha guía de lectura da poesía de Rosalía de Castro para Infantil e Primaria. Animádevos a ler calquera delas... son moi fermosas!!

 

 

DÍA DE ROSALÍA. 24 de febreiro de 2014

Para celebrar que, como cada 24 de febreiro, celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, seguindo a proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, nesta ocasión fixemos un mural nunha parede do patio cuberto. Preparamos tamén unha das súa poesías, á que puxemos música. Neste vídeo, está o resultado deste traballo.

 

 

 

Se queredes ver nenas e nenos dun colexio irlandés recitando a Rosalía, facede click neste enlace.

 

Projects 5º Food

Aquí temos os "projects" feitos polo alumnado de 5º. Tratan dos alimentos, tema relacionado co noso proxecto da horta familiar. Mirade cales son as súas comidas favoritas.