« Xuño 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

NOVO HORARIO DE ATENCIÓN NA ANPA

Este curso, o horario de atención ás familias no

local da ANPA é os xoves, de 9 a 9:30 h.

Lembrámosvos que tamén podedes contactar coa ANPA

mediante o correo electrónico:

 anpavilarino@gmail.com

 

PROXECTO "A HORTA FAMILIAR"

Este curso, traballaremos desde o colexio un proxecto titulado "A horta familiar".

O xoves, día 5 de decembro, tivo lugar a presentación para o alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. A "profe" Ana Domínguez explicounos cousas moi interesantes, e a continuación Xurxo Mouriño profundizou máis no tema da agricultura ecolóxica. Agora xa sabemos a diferenza entre agricultura industrial e agricultura familiar, entendemos que é o desenvolvemento sostible, comprendemos a importancia de establecer un calendario de cultivos para non agotar a terra, clasificamos os cultivos segundo comamos o froito, a folla ou a raíz... e moitas cousas máis. E iso que isto non fixo máis que empezar!

A terra proporciónanos a base da nosa enerxía: sen os produtos agrícolas, non poderiamos medrar, nin pensar, nin correr... Por iso debemos amar a terra, coidala, protexela e aprender a cultivala de xeito sostible.

Logo, saímos ao patio cuberto para plantar en botellas sementes e bulbos: macela, fressias, crocus, capucina, nébeda, caléndula e pirixel. Máis adiante, faremos con todas elas un xardín vertical. 


FORMULARIO PARA O ALUMNADO DO 2º E 3º CICLO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES

 

NON SON CIFRAS, SON VIDAS

 

Estatísticas, cifras que nos falan de agresións, de violacións, de mutilacións, de asasinatos, que nos fan un mapa da situación de discriminación que seguen padecendo as mulleres en todo o mundo.

Pero non podemos esquecer a realidade que esconde cada número, cada dato. Non podemos esquecer que detrás de cada un hai un nome, unha historia, uns soños, unha vida.

Hoxe e todos os días do ano seguimos unidas nun só berro contra a violencia machista. Porque non soncifras, son vidas!

                                                    Fragmento do Manifesto do 25 de novembro de 2013

VÍDEOS PARA REFLEXIONAR

 

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN - HALLOWEEN

Por fin temos as fotos do terrorífico Halloween- Samaín!! Qué medo!!

(Para poder velas picade arriba en Halloween - Samaín)

SAMAÍN

Este ano celebramos o Samaín, o Halloween e o Magosto conxuntamente. Son festas do outono que teñen un gran valor tradicional. Se queredes aprender máis sobre elas, "pinchade" aquí abaixo.

 

 

 

 

 

O MAGOSTO

 

Aquí tedes un conto do magosto e información no díptico e no power point

 

A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

DIPTICO MAGOSTO

POWER POINT MAGOSTO

 

 

PROJECTS 6º

As nenas e nenos de 6º cóntannos cómo foi o seu mellor día nestes traballos feitos na clase de Inglés.

PROJECTS 4º

Aquí temos os novos projects dos nenos e das nenas de 4º onde nos contan como son as súas semanas, cos seus horarios e as asignaturas de cada día.

 

15 concurso "Cartel e Lema". Traballos seleccionados.

Este ano, para que todas as familias da nosa comunidade escolar, poidades participar na selección dos carteis gañadores, preparamos un formulario de votación. cada persoa pode votar unha única vez, e debedes facelo antes do mércores, día 12.

Grazas pola vosa participación!