Este curso, traballaremos desde o colexio un proxecto titulado "A horta familiar".
O xoves, día 5 de decembro, tivo lugar a presentación para o alumnado dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. A "profe" Ana Domínguez explicounos cousas moi interesantes, e a continuación Xurxo Mouriño profundizou máis no tema da agricultura ecolóxica. Agora xa sabemos a diferenza entre agricultura industrial e agricultura familiar, entendemos que é o desenvolvemento sostible, comprendemos a importancia de establecer un calendario de cultivos para non agotar a terra, clasificamos os cultivos segundo comamos o froito, a folla ou a raíz... e moitas cousas máis. E iso que isto non fixo máis que empezar!
A terra proporciónanos a base da nosa enerxía: sen os produtos agrícolas, non poderiamos medrar, nin pensar, nin correr... Por iso debemos amar a terra, coidala, protexela e aprender a cultivala de xeito sostible.
Logo, saímos ao patio cuberto para plantar en botellas sementes e bulbos: macela, fressias, crocus, capucina, nébeda, caléndula e pirixel. Máis adiante, faremos con todas elas un xardín vertical.
Dom | Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 |