« Septembro 2024 »
DomLunMarMérXovVenSáb
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

Alumnado

Las bibliotecas escolares de Galicia

Iniciar sesión

NIGRÁN DESDE VILARIÑO

     

 

Un ano máis , dende o  centro propoñémonos realizar un proxecto de traballo común a todas as etapas e ciclos.

No presente curso 2014-2015 imos estudar o noso concello, “NIGRÁN desde VILARIÑO”, atendendo as súas singularidades, a distribución xeográfica (parroquias), os seus sendeiros, a costa, os costumes, os  personaxes relevantes, o seu patrimonio, os xogos tradicionais etc…

En resumo, o noso propósito é que o fin deste ano académico toda a comunidade educativa coñeza mellor e valore este fermoso recanto de Galicia que todos e todas compartimos.

Para comezar nesta andaina queremos retar a todas as familias a participar nun certame de fotografía que chamaremos “RECANTOS DE NIGRÁN”.

 

BASES DO CERTAME   DE FOTOGRAFÍA “RECANTOS DE NIGRÁN”

1.       Cada familia poderá presentar un máximo de dúas fotografías.

2.       A fotografía debe ser orixinal*  e estará tomada expresamente para o certame.

 *( Non se admitiran  copias ou montaxes).

3.       Debe ser tomada en algún lugar do  concello de Nigrán, preferiblemente no exterior, aínda que poden aceptarse aquelas fotografías tomadas no interior de algún edificio con interese histórico ou patrimonial.

4.       Na fotografía non aparecerán persoas, pero si obrigatoriamente deberá aparecer unha  galiña en volume de cor azul coas ás vermellas. A proposta plástica e elaboración da galiña é libre en tamaño e materiais.

5.       As fotografías deben ser presentadas en formato dixital.

As recolleremos de dúas maneiras:

-          Nunha chave de memoria USB (pendrive), a través do/a titor/a.

-           Na dirección de correo electrónico: ceipcarloscasares@gmail.com

6.       Cada fotografía virá acompañada dos seguintes datos:

-          Titulo ou pé de foto.

-          Nome do alumno/a que a presenta.

-          Lugar onde foi tomada.

7.       A data límite de recollida das fotografías  será o 28 de Febreiro do 2015. Ampliamos o prazo ata o 27 de marzo.

8.       A fotografía gañadora será elixida mediante votación na “Xornada de portas abertas”na que toda a comunidade educativa terá dereito ao voto.