Skip to main content

Biblio creativa

Equidade todos os días do ano.

 Fragmento extraído dunha publicación do Comercio.1857. Ese é o ano no que se orixinou o Día Internacional da Muller. Non foi unha celebración. Aquel 8 de marzo de 1857 centos de mulleres dunha fábrica de téxtiles de Nova York saíron á rúa para protestar polos baixos soldos que percibían (eran menos da metade do que cobraban os homes) e polas pésimas condicións nas que traballaban. Aquela manifestación acabou mal, coa Policía dispersando a protesta. 120 das mulleres que decidiron gritar pola igualdade faleceron, pero as traballadoras non se deixaron amedrentar e dous anos despois fundaron o seu primeiro sindicato

Desde aquel histórico 8 de marzo a data converteuse nun punto recorrente para as protestas das mulleres. Data que a día de hoxe conmemoramos como un paso adiante na igualdade do sexo feminino na sociedade e no seu desenvolvemento como persoa.

Distribuir contido