Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 AO 31 DE MAIO

 Estimadas familias:

Xa entramos na última semana de maio! Dende o claustro de mestres/as enviámosvos todo o noso apoio ás casas e moita forza para continuar con esta situación, estádelo facendo xenial!

Nas últimas semanas, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio, en colaboración co resto do profesorado, elaborouse un vídeo con moitas das creacións literarias e artísticas dos vosos fillos/as que podedes ver na seguinte entrada do blog e Leoteca. Picade enriba para acceder e poder desfrutar do vídeo e de outras creacións. Queremos agradecer unha vez máis ao noso alumnado e as súas familias o seu esforzo por facer os traballos indicados. GRACIAS. Xa queda menos!

 Leoteca

 

 

 

A continuación deixamos os arquivos coas tarefas  de repaso, reforzo e ampliación do aprendido para esta semana:  do 25 ao 31 de maio.

Os arquivos  están organizados como as semanas anteriores, por etapas: infantil e primaria e por especialistas: inglés, educación física, música e relixión. Lede con atención as tarefas propostas, e se tedes algunha dúbida podedes preguntar polo abalarMóbil ou a través dos correos electrónicos tanto aos titores/as como aos especialistas.

Lembrade que ao longo das seguintes semanas os titores/as poñeranse en contacto con todas as familias para que veñades por quendas a entregar a solicitude do fondo de libros de texto, axudas de libros e material, traer o material que teñades na casa do cole ( libros de texto e libros da biblioteca) e recoller o material que é voso.

Tamén lembramos que a solicitude de fondo de libros e axudas de libros e material pode solicitarse pola sede electrónica.

Sen máis, deixámosvos as tarefas desta semana. Moito ánimo de parte de todo o claustro do CEIP Canosa-Rus! Vémonos pronto!

 

AdxuntoTamaño
TAREFAS 4º EDUCACIÓN INFANTIL ( 3 ANOS).pdf662.87 KB
TAREFAS 5º EDUCACIÓN INFANTIL ( 4 ANOS).pdf272.27 KB
TAREFAS 6º EDUCACIÓN INFANTIL ( 5 ANOS).pdf1.09 MB
TAREFAS 1º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf19.14 KB
TAREFAS 2º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf73.71 KB
TAREFAS 3º A E 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf7.48 MB
TAREFAS 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf1.87 MB
TAREFAS 5º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf204.25 KB
Tarefas 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf202.41 KB
TAREFAS EDUCACIÓN FÍSICA 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf699.22 KB
TAREFAS INGLÉS 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf979.6 KB
TAREFAS MÚSICA 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf738.51 KB
TAREFAS RELIXIÓN EDUCACIÓN INFANTIL E 1º A 6º EDUCACIÓN PRIMARIA.pdf706.14 KB


page | by Dr. Radut