Skip to Content

Articles

Rus entre planetas

Rematado o PDI Rus entre planetas podedes visitar a páxina do proxecto, onde se recolle os aspectos máis relevantes no seu desenvolvemento.

Se picades no enlace visitaredes o espazo web de RUS ENTRE PLANETAS.

EXPO "Rus entre planetas"

O próximo mércores 20 de maio inaugurarase a Exposición do PDI Rus entre planetas, e para celebralo os pais e nais estades convidados a participar nesta xornada, na que o alumnado do centro explicará o desenvolvemento da súa investigación ao longo do curso. Debido á grande afluencia de familiares a esta xornada estruturaremos a visita en tres grupos, que irán pasando por diferentes zonas do centro. Pregamos paciencia ante posibles demoras que poidamos sufrir.

Exposición "Rus entre planetas"

Aprendemos sobre astronomía

O próximo mércores 14 de xaneiro visitará o noso centro o astrónomo Pedro Pablo Campo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta visita falará cos nenos e nenas sobre os diferentes aspectos das astronomía e sobre os labores dos astrónomos/as.

Cartel Rus entre planetas

Cartel do proxecto "Rus entre planetas" no que poderedes acceder a diferentes recursos para traballar a temática cos nenos/as. Se accedes ao blogue da Biblioteca poderedes participar nun concurso relacionado con este proxecto.

Recursos para traballar o sistema solar

Queremos presentarvos diferentes actividades e sitios web onde se pode investigar e reforzar os coñecementos adquiridos sobre o noso sistema solar e o Universo, que son o centro de interés do no proxecto RUS ENTRE PLANETAS.



by Dr. Radut