Skip to Content

EXPO "Rus entre planetas"

O próximo mércores 20 de maio inaugurarase a Exposición do PDI Rus entre planetas, e para celebralo os pais e nais estades convidados a participar nesta xornada, na que o alumnado do centro explicará o desenvolvemento da súa investigación ao longo do curso. Debido á grande afluencia de familiares a esta xornada estruturaremos a visita en tres grupos, que irán pasando por diferentes zonas do centro. Pregamos paciencia ante posibles demoras que poidamos sufrir.

Para aqueles que non poidan asistir poderán asistir á retransmisión en directo que se fará do evento a través do canal youtube do CEIP Canosa-Rus, e que terá unha duración aproximada de 30', que dará comeza ás 14:45h. Tras esta xornada a exposición quedará aberta a toda a comunidade educativa para que a poidan visitar e comprobar o traballo do alumnado durante este período, nela accederedes a material interactivo de realidade aumentada.

Agardamos que sexa do voso gusto. 



page | by Dr. Radut