Skip to Content

Aliméntate ben

Aliméntate ben

Durante este curso vimos de desenvolver un proxecto a través do que promover a alimentación saudable entre o noso alumnado.

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O noso centro, tal como fixemos en anteriores cursos, coincidindo coa semana do 4 de abril "Día Mundial da Saúde" organizamos un obradoiro de alimentación saudable.

Esta actividade está incluída no Proxecto Deportivo de Centro e ten como finalidade que o alumnado elabore unha serie de receitas saudables para posteriormente degustalas e observar que comer de forma sana é moi sinxelo e divertido.

O alumnado máis pequeno elaborou unhas brochetas de froitas mentres que os nenos e nenas maiores fixeron "salada de aguacate", "batidos de froitas", "brazo de xitano salgado", "xoaniñas saudables" e "caras de sandwich".

Pasámolo xenial e encantáronnos as receitas!!

Aquí tedes algunha instantánea do obradoiro da pasada semana!

 

 

Reparto foita fresca

 

Informámoslles que a vindeira semana, do 18 ata o 22 de maio, terá lugar novamente o reparto de froita fresca no recreo para todo o alumnado do Centro. Durante esta semana os nenos non traerán merenda.

Distribuir contido


by Dr. Radut