Skip to Content

Somos reporteiros

"SOMOS REPORTEIROS"

Os medios de comunicación, hoxe en día, están moi presentes nas nosas vidas. Teñen una gran importancia como instrumentos que nos informan do que ocorre na nosa contorna e que nos achega á realidade cultural e social na que nos atopamos.
Por iso, neste curso, quixemos levar adiante un proxecto chamado "Somos Reporteiros" no que puidemos coñecer máis a fondo estes medios e, ao mesmo tempo, pornos na situación das persoas que os realizan (fomos reporteiros de prensa; fixemos vídeos, xornais,...)
Traballamos moito pero tamén aprendemos e pasámolo moi ben!!!
 
Así quedou a nosa porta de entrada á biblioteca...

 

... e así o "Quiosco do Barrié" onde se colgaron as noticias que se elaboraron e outras de interese.



ANACOS DE VIDA

Participamos na gravación dun programa de TV chamado "Anacos de vida". Recopilamos fotos antigas dos nosos familiares e traballamos sobre elas, coñecendo anecdotas que nos contaron os nosos maiores, investigando onde foron sacadas e cando, acontecementos que reflexaban,... 
 



OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL TAMÉN FOMOS REPORTEIROS

"Coa visita da produtora de TV ao colexio para rodar ·Anacos de Vida", e aproveitando que estaba moi relacionado coa temática do proxecto do centro "Somos Reporteiros", decidimos montar o noso propio programa de entrevistas.
  Para iso necesitamos preparar un plató de gravación (con pantalla croma, amplificador, micrófono e cámara de vídeo. Con todo disposto e coas fotos aportadas polas familias, púxemonos máns á obra.
 
 Cada alumno/a preguntou e tamén falou sobre a súa foto, contou pequenos retazos da identidade familiar; que como di o nome do programa, son pequenos "anacos de vida" dos nosos pequenos e pequenas, que marcaron a súa orixe e tamén o percorrer das súas vidas.
 
Desexamos que vos guste a nosa primeira incursión no mundo do audivisual"
 
 https://www.youtube.com/watch?v=j6IeK67GKa8&feature=youtu.be  
 
 https://www.youtube.com/watch?v=za4boF6X_nY&feature=youtu.be 
 
 
Exemplo dun xornal elaborado por nenos e nenas de 4 anos.
 

OS PERSOEIROS DA NOSA COMARCA

Fixemos unha investigación sobre persoeiros da nosa comarca como Isabel Blanco, Esther Ferreiro, Atomé, Mª Carmen Parafita,... entre outros. Deste xeito, colaboramos co EDNL para a elaboración do calendario do colexio.
Démonos conta de que na nosa comarca hai xente que, vivindo ao noso carón, son coñecidas polo seu gran labor (actriz, escritor/a, músicos, pintora, científico,artesán, ...).
Cada curso tiña asignado un destes persoeiros e, os alumnos e as alumnas de 1º e 2º investigamos sobre Cristina e David Durán (pintora e pianista), Esther Ferreiro (artesá do vidro eda prata), un dos primeiros grupos de músicos da zona "Os Vencedores de Montouto" e a Ángel Mª Carracedo (recoñecido xenetista a nivel mundial). Tivemos a oportunidade de entrevistalos e, nalgúns casos foi posible telos con nós para compartir inquedanzas e aprender.
 
 
Visita de Ángael Mª Carracedo ao noso colexio.




 No seguinte adxunto podedes atopar moitas curiosidades sobre "Os Vencedores de Montouto"

COLABORACIÓNS ENTRE DISTINTOS NIVEIS

Durante este curso, moitos dos traballos que fixemos, foron colaboracións entre distintos niveis. Foi unha experiencia moi enriquecedora xa que, ademais de elaborar traballos moi bos, aprendemos a traballar en grupo, colaborar e, sobre todo, valorar os traballos dos demais, principalmente dos máis pequenos.
Deste xeito, realizáronse actividades como:
Creación de noticias entre os alumnos e as alumnas de 5º B,2º B e 4 anos B, que logo leron por megafonía na semana da radio.

  


Pola súa parte, os alumnos e as alumnas de 5ºA, 2ºA e 4 anos A,entrevistáronse entre eles para coñecer diferentes inquedanzas que lle xurden na escola. Logo fixeron unha gravación e un video.

 Aquí tendes un exemplo dun xornal feito por nenos e nenas de 4º, 1º e 5 anos.

 

TRABALLAMOS A PRENSA NA ESCOLA

Ao longo do curso, os alumnos e as alumnas de 5º e 6º traballamos coa prensa facendo diferentes actividades como pode ser a creación de novas.



Tamén visitaron o noso colexio dous xornalistas de El Ideal Gallego. 

 
As entrevistas e charlas que tivemos con eles, servíronnos para visitar, con máis entusiasmo, as instalacións de El Correo Gallego en Santiago de Compostela onde coñecemos, dende dentro, como se fai un xornal.

 

FIXEMOS DE ENTREVISTADORES

Os alumnos e as alumnas de 6º, ao longo do curso, puidemos coñecer distintas persoas relacionadas cos medios de comunicación: do mundo da radio, escritoras de literatura, do mundo do xornalismo, persoeiros da nosa localide,...
 
Coñecemos e entrevistamos ao locutor de radio Negreira "Harrys".

 

Despois de ler os seus libros, entrevistamos a Ledicia Costas...

              ... e a Mónica Rodríguez.

Por videoconferencias tamén puidemos falar con outros persoeiros.

https://www.youtube.com/watch?
v=fjZUdKIQpmY&t=6s
 

COÑECEMOS O MUNDO EN INGLÉS

Os alumnos e as alumnas de 3º, 5º e 6º viaxamos polo mundo a través do POSTCROSSING, é dicir,  comunicámonos con persoas doutros países a través de postais e emails (Nós enviámoslle postais en inglés a diferentes persoas polo mundo e recibimos postais doutras tamén de diversos lugares). Deste xeito coñecemos outros costumes, culturas e moitas curiosidades de países como Rusia, Alemaña, Canadá, Inglaterra, EEUU, Xapón, Bulgaria...
 
Así quedou o noso traballo.
 
 

 

 
 

OS CEREBRORREPORTEIROS

Dentro da clae de relixión fixemos de "Reporteiros Emocionais" investigando sobre a figura do mestre e póndonos na súa situación.
Preparamos as nosas propias clases con temas do noso interese e puxémolas máis tarde en práctica cos nosos compañeiros.
Pasámolo moi ben e puidemos coñecer o que pode sentir un mestre á hora de correxir, avaliar aos demais, etc.
Aprendemos, entre outras cousas, a traballar en equipo, colaborar, resolver os nosos conflictos, ete.
 
Aquí podedes ver o resultado.
 
 
 
 
 Estas son algunhas das nosas conclusións.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut