Skip to Content

Admisión curso 2024-25

admisión 24-25 

Normativa


 

 

novoXa están publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o curso 2024 e 2025. Podedes atopalos no taboleiro de anuncios da planta baixa do centro.

 

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO


 

  • De luns a venres de 9:40 a 14:00

Presentarase unha única solicitude segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

a. Recollerse no centro ou descargalo (Anexo II galego) (Anexo II castelán). 

b. Cumprimentarse na aplicación

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

c. Descargarse e cubrila de forma manual ou electronicamente: na sede electrónica da Xunta ou na páxina da Consellería de Educación.

Unha vez cuberto o formulario deben imprimilo (se é o caso) e entregalo no centro educativo que desexan en primeiro lugar. Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 poden presentalo na Sede Electrónica

IMPORTANTE: Datos da solicitude a ter en conta

  

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN


 

  • Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

 

Calendario de actuacións


 

- 27 DE FEBREIRO. Sorteo público das letras que determinan a orde de preferencia en caso de empate.

 

- ANTES DO 1 DE MARZO. Publicación dos postos escolares vacantes. Tamén poden consultarse a través da aplicación de admisión.

- DO 1 AO 20 DE MARZO. Presentación de solicitudes de admisión.

Cando o número de solicitudes sexa superior ao de postos dispoñibles, abrirase un prazo de 10 días hábiles (entre o 24 de marzo e o 6 de abril) para presentar presencialmente no centro a documentación xustificativa dos criterios alegados. Poden descargar aquí os criterios de baremo.

-  ANTES DO 25 DE ABRIL. Publicación das LISTAXES PROVISORIAS de alumnado ADMITIDO e NON ADMITIDO.

 

* 5 días hábiles para presetar reclamacións

* 5 días hábiles para resolver as reclamacións.

 

- ANTES DO 15 DE MAIO. Publicación das LISTAXES

DEFINITIVAS DE ADMITIDOS e NON ADMITIDOS.

 

  • Prazo de interposición de recurso de alzada:1 mes.

 

 

- DO 19 AO 28 DE xuño. Formalización de matrícula do alumnado admitido.

 

 

(NOTA: Cada período arriba indicado é con ambas datas -de inicio e remate- incluídas)

 

visita virtual ao centro



page | by Dr. Radut