Skip to Content

15 de febreiro - Día Internacional do Cancro Infantil.

  

O 15 de febreiro celébrase o Día Internacional do Cancro Infantil co obxectivo principal de que todos os nenos en calquera lugar do mundo teñan acceso a un diagnóstico e tratamento preciso e a tempo, incluíndo atención psicolóxica. E á súa vez tamén para sensibilizar e concienciar sobre os desafíos aos que se enfrontan os nenos con cancro e as súas familias.

 

Dende o noso centro propoñemos que ese día, todo o alumnado acuda á escola cun pano na cabeza.

 

 

O obxectivo é concienciar e dar visibilidade a esa efeméride tan dura que poden chegar a padecer as nosas e os nosos pequenos.

 

Nena en hospital

Día Mundial do neno/a con Cancro

 A morte de nenos con cancro é evitable cun diagnóstico temperán, dispoñibilidade e acceso a tratamentos e coidados apropiados, así como as medicinas esenciais alcanzables. O obxectivo deste día é conseguir reducir este número ao máximo posible traballando en conxunto.

 

Aprende máis con este vídeo:

 

 



page | by Dr. Radut