Skip to Content

Entroido no Barrié

Entroido no Barrié

 

Este ano no Barrié imos celebrar o Entroido coas seguintes actividades:

Xoves de compadres e comadres

O xoves 4 de febreiro é o xoves de compadres, polo que todo o alumnado terá exposto na porta da súa aula o boneco creado polas alumnas de cada clase. Pola súa parte, o xoves 11 de febreiro, estarán as comadres creadas polos alumnos de cada clase expostas na porta da mesma. Esta exposición recollerase nunha galería de imaxes que podedes ver facendo clic nas seguintes iconas:

 

Xoves de compadres             Xoves de comadres

 

Os mandados da Meca Dona Laverca

A Meca este ano está un pouco triste pola situación actual que estamos a vivir, así que convén que sigamos os mandados que nos trae para que goce deste tempo de Entroido e se esqueza un pouco das malas noticias do mundo.

Para coñecer os seus mandados, podedes facelo a través da web do cole (pois no banner da parte superior aparecerá a consigna de cada día) ou a través do blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Para adiantarvos algo, sabede que o luns teremos que vir todos e todas vestidos de negro, o martes con calcetíns de distintas cores, o mércores cun peiteado estraño e o xoves co xersei do revés.

No blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega ademais dos mandados diarios podedes ver unha galería de imaxes coas fotografías que se vaian tomando cada día, á cal podedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:

 

A Meca manda...

 

Desfile de Entroido

O venres día 12 de febreiro o alumnado poderá vir ao centro disfrazado libremente. Ollo! Hai que ter en conta que non se poden traer complementos que estorben ou teñan que traelos na man (por exemplo espadas, variñas, gorros moi grandes, etc.). Se o tempo o permite, faremos un desfile no patio para mostrar os disfraces, permanecendo o alumnado nas súas respectivas zona do patio de forma que as aulas irán desfilando seguindo as frechas do chan, sempre respectando o protocolo COVID. Para ver as fotografías que se tomen ese día podedes facer clic na seguinte imaxe:

 

Desfile de Entroido

 

Música de Entroido  

 

Dende a materia de Lingua Inglesa achegan esta explicación sobre o "Carnival" 

(clic na imaxe para acceder)

Carnival

Podes descargar a presentacióin en PowerPoint dende AQUÍ

Para ver estes e outros recursos do Entroido, non dubidedes en consultar o blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, facendo clic AQUÍ.

 

 

Por último, desexarvos un feliz Entroido!



page | by Dr. Radut