Skip to Content

SAMAÍN NO BARRIÉ

 Samaín no Barrié 20_21

Este ano é diferente aos anteriores. Non podemos poñer caixas misteriosas polos corredores para descubrir a cegas o que hai no seu interior, non podemos colgar adornos polos corredores creando un ambiente terrorífico, non podemos ir polas clases dando sustos nin reunirnos todos xuntos para ver unha película no ximnasio ou na Biblioteca. Pero si podemos seguir celebrando a festa do Samaín doutras formas. Por iso, desde aquí queremos facilitarvos unha chea de recursos que estivemos preparando para que sigamos disfrutando desta festa.

 

Dunha banda, no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega atoparedes os seguintes recursos:

  • Podcasts de Samaín: aquí atoparedes as historias de medo contadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, ás cales poderedes acceder a partir do venres 30, despois da súa primeira emisión en directo ás 11:40 horas a través da emisora da nosa radio escolar: Barrié nas Ondas

 

  • Curtametraxes de medo: recóllense nesta sección diversas propostas de curtas para proxectar nas aulas o día 30 pola tarde. O profesorado escollerá unha curtametraxe ou varias, mais na casa podedes ver todas con máis tempo.

 

  • Recursos de Samaín: nesta sección podedes acceder a unha presentación de Genially cunha chea de recursos para traballar o Samaín (cancións, contos, manualidades, receitas, unidades didácticas, etc.).

 

 Facendo clic na imaxe podes acceder a todos estos recursos:

 

Samaín no Barrié

 

 

Doutra banda, desde o blog do Bibliorrato (da Biblioteca Escolar), podedes acceder ás recomendacións de lecturas con temática da festa do Samaín que vos propoñemos desde o Equipo de Biblioteca Escolar.

Fai clic na imaxe para descubrir todos os títulos!

 

Recomendacións de lecturas

 

Dende o CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza queremos desexarvos un

FELIZ SAMAÍN!



page | by Dr. Radut