Skip to Content

AULAS VIRTUAIS CURSO 2020-21

AULAS VIRTUAIS 2020-21

Moi boas familias a través desta publicación tentaremos dar resposta ás dúbidas sobre aulas virtuais (AAVV) deste curso.

 

Educación Infantil


O alumnado de E.I. terá unha aula virtual común a clave de acceso será facilitada ás familias por Abalar Móbil nos vindeiros días. Unha vez recibidas intentade entrar para comprobar que accededes sen dificultade. Ante calquera problema podedes contactar co centro ou coa titora que trasladará a vosa problemática ao coordinador TIC. 

 

1º a 6º de EP


 

O alumnado de 1º a 6º de EP disporá de AAVV individualizadas. Todo o alumnado terá usuario e clave de acceso persoal (Credenciais).

 

No caso de 1º e 2º de EP as credenciais de acceso serán facilitadas ás familias. Nos vindeiros días facilitaremos eses datos ao alumnado e as familias deberán acceder ás aulas dende o domicilio. Colgaremos información sobre este proceso nunha nova entrada da nosa web.

 

No caso de alumnado de 3º a 6º de EP recibirán formación de acceso a AAVV no propio centro ao longo deste mes de setembro. Facilitaráselles tamén un documento coas credenciais de acceso que levarán grampado nas súas axendas/sobres ou sistema de comunicación que teñan coa titora ou titor correspondente.

 

O alumnado de 5º de EP ao entrar no programa EDIXGAL non terán aula virtual xa que accederán a toda a información a través da plataforma EVA.



page | by Dr. Radut