Skip to Content

Cómo instalar Abalar Móbil

Como instlar Abalar Móbil

Estimadas familias.

Recordámosvos que a Consellería de Educación conta cunha APP para teléfonos móbiles que permite establecer entre o centro e as familias unha canle de comunicación e que facilita a consulta de información académica dos vosos fillos e fillas a través do móbil desde calquera lugar.

Premendo na imaxe de máis abaixo poderedes descargar a aplicación para instalala nos vosos móbiles. Para poder instalala é preciso que o fagades co teléfono móbil que figura nos vosos datos persoais no centro.

app familias

 

Ademais aquí podedes descargar a guía de instalación e manexo

Se tedes atrancos para facelo (ou o número de teléfono está sen actualizar), comunicádeo ao centro no teléfono ou email de contacto para arranxalo.

 

VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO INSTALAR E REXISTRASE


 

VÍDEO EXPLICATIVO DAS PRINCIPAIS FUNCIONALIDADES DE APP


 



page | by Dr. Radut