Skip to Content

Mes do Ioga

Mes do Ioga

Ao longo do mes de marzo o alumando do noso centro participará dun achegamento á calma e a quietude da man de Ana Prema, Pedagoga e Educadora Social cunha ampla formación en ioga, consciencia corporal, quietude e traballos grupais.

Esta actividade, que se encadra dentro do PDC do noso centro, ten entre outros os seguintes obxectivos:

  • Contactar coa capacidade de atención e concentración.
  • Tomar consciencia do propio corpo.
  • Desenvolver a socialización, crear sentimento de pertenza grupal e afianzar as alianzas de amizade entre as persoas participantes.
  • Aprender a canalizar as emocións e a xestionalas.

Non deixes de ver as fotos das sesións realizadas facendo clic na imaxe que segue. Iranse colgando ao longo de todo o mes según se vaian realizando.

(clic na imaxe para acceder á galería)

 

Mes do Ioga



page | by Dr. Radut