Skip to Content

Dinámica do Día da Paz

Día da Paz

Con motivo da celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz no noso centro vanse levar a cabo, ao longo desta semana, varias actividades.

No día de hoxe o alumnado de EI e EP experimentou de primeira man algunhas das causas que adoitan romper a Paz no noso planeta: a desigualdade e o reparto inxusto.

Levouse a cabo unha dinámica en distintas estancias do centro na que o alumnado, previamente clasificado en tres zonas, dispoñía de distintos materiais para poder xogar. Atopáronse lugares cunha gran cantidade de materiais e espazo, outros con menos recursos e outros sen nada.

Tras unha hora de dinámica reflexionaron en aula, co profesorado titor, sobre que aspectos levaron a que se rompese a paz e as posibles solucións aos conflitos.

Dinámica Día da Paz

 Vídeo Día da Paz



page | by Dr. Radut