Skip to Content

1º Premio Proxecta 2018!!

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba recibiu un novo recoñecemento. Concretamente o primeiro premio do certame Proxecta de Innovación Educativa 2018 no apartado A, que abrangue a escolas   de educación infantil e primaria , colexios rurais agrupados e centros de educación especial.

O noso colexio recibirá 6.000 euros deste premio promovido pola Consellería de Educación en colaboración con outros departamentos da Xunta de Galicia. O plan Proxecta busca “potenciar a motivación e o traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado nos proxectos”.

No noso colexio levamos á práctica un total de 14 proxectos nos últimos cinco cursos: Proxecto Deportivo de Centro, DAFIS, Consumópolis, Meteoescolas, Aprendo programando, respecto aos animais...

NORABOA A TODAS E TODAS!!!

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resol_def_centros_premiados_proxecta_asinada_0.pdf

 

 



story | by Dr. Radut