Skip to Content

HOSPITAL DE OSIÑOS

En días pasados realizouse no centro para os nenos de 4 e 5 anos a actividade do Hospital de osiños. Consistiu en montar un hospital ficticio no centro ao que debían levar os seus osiños de peluche. Este centro hospitalario foi creado e atendido por estudantes da carreira de Medicina da USC que montaron os diferentes departamentos do mesmo: consultas, cirurxía, raios... Os nenos e nenas de Ed. Infantil aprenderon un montón de cousas sobre hábitos saudables, hixiene, coidados persoais, primeiros auxilios... grazas ao traballo realizado por estes estudantes. Unha actividade moi bonita e moi divertida.

Aquí vos deixamos unhas imaxes da mesma e premendo neste enlace podedes acceder á galería de fotos.

 



page | by Dr. Radut