Skip to Content

Xornada de "xogos do mundo"

O pasado luns 20 de xuño, levouse a cabo no centro a xornada de "xogos do mundo", enmarcada dentro do proxecto multicultural da biblioteca "A volta ao mundo en 80 accións". Organizáronse circuítos no patio do colexio para Ed. Infantil e Ed. Primaria onde puidemos descubrir xogos de diferentes países do mundo como Canada, Suecia, Camerún, Pakistán...

Pasamos un día moi divertido onde descubrimos como se divirten os nenos de diferentes recunchos do mundo.

Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.



page | by Dr. Radut