Skip to Content

Excursión Educación Infantil ao Ézaro-O Pindo

O pasado venres 22 de maio todo o alumnado de Ed. Infantil fomos de excursión de fin de curso ao Ezaro-Pindo. A Confraría do Pindo organizou para nós actividades moi entretidas nas que aprendemos diversas artes de pesca, montamos nunha gamela, fomos de roteiro polo Pindo e a ver A Farola... Pasamos un día moi divertido que rematou coa visita á Cascada do Ézaro e a comida no parque que alí ao lado se atopa.

Aquí podedes ver algunhas fotos do ben que o pasamos ese día:

 

 



page | by Dr. Radut