Aquí tedes unha mostra das actvidades que fixemos para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS. Os nenos e nenas estiveron moi atentos e atentas aos contos que lles contaron os seus compañeiros e compañeiras!!
Velaquí tedes as actividades que fixemos para conmemorar o DÍA DAS MULLERES RURAIS. De novo moitísimas grazas a todas as mulleres por compartir connosco as vosas experiencias e as vosas fotografías!!
En relación co proxecto sobre a auga e o concurso "a natureza que nos rodea" que levamos a cabo este curso, as alumnas e alumnos de 4°, 5° e 6° de Primaria realizaron uns folletos informativos sobre a auga en Cerdido (ríos, fervenzas, fontes, lavadoiros, rutas...). Podedes descargar o pdf no arquivo adxunto. Esperamos que vos guste.