Skip to Content

Bibliobarqueira

CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E DEREITOS HUMANOS

Como cada ano, o 6 e 11 de Decembro conmemórase a Constitución Española e os Dereitos Humanos respectivamente, datas algo complexas para traballar con nenos/as tan pequenos....ou iso criamos nós!!!

Así, e posto que nos tiñamos todavía nome para a nosa tartaruga, decidimos sometelo a votación entre seis posibles opcións (dúas posibilidades de cada aula). Nesta liña, coa mesa electoral constituída, o censo nas mans dos seus integrantes e os diferentes carnets en disposicións de todos os votantes, comezamos as votacións exercendo así o noso dereito ó voto.

  

 

Finalmente, e realizado o reconto de votos, a nosa tartaruga POR FIN TEN NOME...

CHISPA

Na mesma liña, e finalizadas estas primeiras votacións, coñecimos entre todos/as o que era a Constitución Española, un "libro moi gordo no que están as normas de España". Pois non ibamos desencaminados, xa que a pesar de que nela figuran os nosos dereitos como é o de votar, tamén se establecen os nosos deberes. Así, decidimos realizar entre todos/as un decálogo das normas do patio cuberto, esas que algunhas veces se nos olvidan (pero poucas, eh? Canso). Por isto, cada clase determinou aquelas que considerou máis importantes, as debatimos entre todos e finalmente as ratificamos.

Así que volta a votar polos nosos deberes... E si!!!!Os profes tamén votamos...

 

 Finalmente, e excepto tres "revolucionarios/as", as normas quedaron ratificadas 24 votos frente a 3. APROBADAS!!!

Día da non violencia de Xénero. 25N

Un ano máis, o 25 de Novembro, celébrase o Día da Non violencia de Xénero, un día no que se pretende dar consciencia das desigualdades existentes entre ambos xéneros en pleno Siglo XXI. Igualmente, a violencia de xénero segue sendo unha das principais lacras da nosa sociedade, polo que desde o CEIP da Barqueira, quixemos darlle unha volta e traballar todos estes aspectos a través do deporte, e neste caso do fútbol.

Así, tivemos a enorme sorte de contar no noso centro con Marisa Villa, primeira delegada arbitral do fúbtol español, primeira muller en conseguir o ascenso como asistente na Primeira división española e catro veces olímpica. Por isto, falar de Marisa é falar dunha institución dentro do mundo da arbitraxe español onde permaneceu ata o ano 2013, data da súa retirada. Porén, a súa carreira deportiva non termina nese ano, xa que continúa traballando a favor da arbitraxe, tanto na Federación Española de árbritos, como a nivel FIFA. Marisa actualmente é a coordinadora no novo corpo de mulleres árbritos que acaba de constituirse. Igualmente é delegada observadora arbitral na UEFA e instructora de árbritos na FIFA. CASE NADAAAAA!!!!!

Marisa veu acompañada por Ignacio Iglesias, árbitro de fútbol español da Primeira división, pertencente ó Comité de árbitros de Galicia. Nacho leva máis de dezasete anos na máis alta división onde forma parte dun grupo privilexiado de tan só vinte persoas que forman parte da élite da arbitraxe no fútbol. Con 137 partidos arbitrados pode presumir tamén de ser mestre de Educación Física.

Con estes espectaculares currículos, Marisa e Nacho, contáronnos a súa experiencia persoal no mundo da arbritaxe, que os levou a formar parte dese mundo, que valores lles inculcou o deporte, a violencia que sufren ás veces nos partidos, as experiencias en campos de fúbtol do máis desagradables, as diferenzas que existen noutros países á hora de realizar este deporte, as dificultades das mulleres na incorporación nun mundo que a sociedade establece debe ser de homes, os estereotipos errados que da muller se ten con respecto as súas habilidades físicas e a realización de deportes de élite.

Finalmente, tivemos a oportunidade de realizarlles as nosas preguntas e mesmo.....ASINÁRONNOS AUTÓGRAFOS!!!!

 

   

           

A verdade é que foi unha actividade que abarcou moito máis do que esperábamos inicialmente, que fixo reflexionar ós pequenos/as e que nos descubriu un mundo que aínda que é moi cercano, descoñecemos enormemente. Nós pasamolo en grande, así que esperamos que eles marchasen igual de contentos que nós.

MILLÓNS DE GRAZAS A MARISA E NACHO!!!!!

 

O TRASNO TROULEIRO!

Como xa sabedes comezamos co concurso: Coñeces Cerdido?

Aquí tedes a primeira trasnada do Trasno Trouleiro!

A ver se averiguades onde se esconde...

MOITA SORTE Guiño

 

 

COÑECES CERDIDO?

Como xa sabedes, o Trasno Trouleiro proponnos un xogo para afondar no noso coñecemento sobre Cerdido, que durará todo o curso escolar.

Aquí tedes un resumo das normas do mesmo:

De vez en cando aparecerá no cole, na web e no facebook, unha foto do Trasno Trouleiro (xunto cun código QR), nun lugar do noso concello. A partir dela, teredes que averiguar que sitio é, e acompañados das vosas familias, atopala e sacarosunha foto ao lado da mesma. Se capturades o código QR que ten ao lado este lévanos a unha dirección web onde atoparedes información sobre o lugar.

O concurso consiste no seguinte:

-SE TRAEDES (OU MANDADES AO MAIL claustro.barqueira@gmail.com) A FOTO CO TRASNO NO LUGAR INDICADO: 1 PUNTO.

-SE TRAEDES A INFORMACIÓN QUE TEMOS NO BLOG QUE ATOPAREDES AO CAPTURAR O CÓDIGO QR: 2 PUNTOS.

-SE TRAEDES MÁIS INFORMACIÓN QUE BUSQUEDES POR VÓS MESMOS (BUSCANDO EN INTERNET, PREGUNTANDO AOS MAIORES DE CERDIDO, INDAGANDO NO CONCELLO…): 3 PUNTOS.

 

QUEN MÁIS PUNTOS OBTEÑA GAÑARÁ UN GRAN PREMIO AO REMATAR O CONCURSO.

 ASÍ QUE ÁNIMO A TODOS E TODAS E MOITA SORTE! 

                 

Distribuir contido


by Dr. Radut