Skip to Content

Bibliobarqueira

Concurso: segundo reto

Aquí deixamos a segunda pista do concurso "O mundo que nos rodea".

Se premedes na imaxe accederedes á páxina do blogue coas preguntas do segundo reto.

Moita sorte!

Novo concurso

Bo día! Como o ano pasado gustouvos tanto o concurso que fixemos, decidimos facer outro este ano!

Desta volta chamarémolo: A  natureza que nos rodea!


Os puntos serán os seguintes:

-Atoparme e facerme unha foto conmigo: 1 PUNTO.-

-Contestar a algunha pregunta que propoño a través do blogue: 2 PUNTOS

-Contestar a TODAS as preguntas que vos propoño a través do blogue: 3 PUNTOS

Cómpre destacar que se facedes todas as preguntas levaredes 3 puntos, non 3+2. E, sobre todo, o máis importante e contestar ás preguntas, non só a través da rede e de libros, senon preguntando aos nosos maiores, a ver que é o que recordan e escoitando aquilo que nos teñan que contar.

Votamos as normas do patio

No marco da celebración da Constitución Española a semana pasada, as nenas e nenos do colexio eleximos por votación as novas normas do patio de xogos para as horas de lecer. 

Distribuir contido


by Dr. Radut