Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

ACTIVIDADES DO SAMAIN E MAGOSTO

O día 12 de novembro celebramos no colexio o samaín e o magosto. Durante os días anteriores o alumnado deu renda solta á súa creatividade para dar forma ás cabazas. Tamén realizaron diversos murais cos que se decoraron os corredores e patio. O xoves 12 tivemos no comedor un menú moi terrorífico:

  • Sandwiches de ataúdes e vasoiras de bruxa.
  • Dedos cortados con ollos de sapo.
  • Pantasmas merengadas.
  • Refresco do home invisible.

 

   

E pola tarde castañas asadas e leite para acompañalas.

                                                       

A continuación vos mostramos algunhas fotos da decoración do noso colexio, das cabazas e dos gañadores do concurso de cabazas deste ano:

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
                                 
     

 

 

MONICREQUEANDO

O día 14 de outubro tivo lugar na biblioteca do centro a representación dunha obra de teatro a cargo da compañía "MATAPIOLLOS".

Esta actuación encádrase dentro da campaña "MONICREQUEANDO". Esta campaña está pensada para poñer en valor aspectos tan importantes como:

  • A palabra, a nosa lingua como vehículo para o lecer, a arte e o entretemento.
  • O teatro de monicreques, como forma de expresión artística.
  • O xogo, como forma de expresión e diversión.
  • A lectura, que nos permite descubrir nos libros os amigos que sempre nos acompañan e nos divirten.

 

     
     

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

 

O día 5 de Xuño celebramos no colexio de A Barqueira o Día do Medioambiente, coa realización por parte dos alumnos de varios traballos , murais e unha obra de títeres titulada "A bruxa e a reciclaxe do vidro" ,escrita por unha das nosas mestras do colexio, Raquel Rodríguez Losada.

 A continuación podedes ver algunhas das fotos de ese día:

 

     
     
     

 

LETRAS GALEGAS 2009

 

Este ano nas LETRAS GALEGAS o escritor homenaxeado é RAMÓN PIÑEIRO.

Dito personaxe naceu en Armea, no concello de Láncara. A ler ensináronlle os seus pais, a escribir non, porque dicían que os nenos non debían aprender a escribir antes de tempo porque deformaban a letra. Máis tarde foi á escola a Carracedo e fixo o bacharelato elemental en Lugo.

Estivo traballando en Sarria nun almacén de correspondencia. Un día cando levaba a correspondencia ao tren, tivo a oportunidade de coñecer a castelao e Otero Pedrayo, dos que xa tiña referencias pola prensa.

Colleu sona de ser moi intelixente polo que aconsellaron a seu pai que retomara os estudos, fíxoo en Lugo no Instituto Masculino e é aquí onde se fai máis forte a súa inclinación polo galeguismo e onde coñecerá a moitos políticos galeguistas cos que fai amizade. participa na Guerra Civil. Ao rematar esta foi para Santiago a retomar a carreira de Filosofía e Letras; logo rematouna en Madrid.

Estivo na cadea por mor das súas ideas políticas e anos máis tarde casou con Isabel en Asturias. Na década dos 50 crea a editorial Galaxia, editorial que dirixiu e na que traballou ata 1966. Faleceu en 1990 con 75 anos de idade.

 

A continuación podedes ver algúns dos traballos realizados polos rapaces:

 

     
     
     

 

Distribuir contido


by Dr. Radut