Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

XOGOS POPULARES

 

Durante o mes de Maio os nenos e nenas do noso colexio fixeron un traballo de investigación, recopilaron xogos populares de diferentes épocas. Xoguemos e disfrutemos como os noso pais e os nosos avós.

Premede na foto para ver máis

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O venres día 12 celebraremos o entroido no colexio. Durante toda a semana preparamos os disfraces e a decoración do centro. O tema que seguimos para realizar todas as actividades foi O XACOBEO 2010.

Faremos un desfile e cantaremos unha canción que preparamos coa melodía de A SANTIAGO VOU baixo a dirección da profesora de música, Diana. Máis tarde todo o alumnado participará nos xogos organizados por Patricia,  a profesora de Educación Física.

 mural 2

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O pasado día 1 de Febreiro celebramos, entre todo o alumnado e profesorado do colexio, o Día Internacional para a Paz e a Non Violencia.

Os nenos e nenas cantaron, en grupo, a canción "Color Esperanza" para continuar coa lectura das diferentes mensaxes de paz que se traballaron e elaboraron ao longo da semana.

Preme na imaxe se queres ler e escoitar a canción

Preme no seguinte enlace para ver mais fotos das actividades

 

ACTIVIDADES DO NADAL

 

O 22 de decembro celebramos unha festa no noso colexio para recibir ás súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, que recolleron persoalmente as cartas de tódolos nenos e nenas coas súas peticións para a noite de reis.

O festival de Nadal realizouse a mañá do martes, coas diversas actuacións dos distintos grupos de alumnos:

- Infantil, unha obra de títeres.

- 1º Ciclo, dúas panxoliñas.

- 2º Ciclo, unha canción e un baile.

- 3º Ciclo, unha obra de teatro e un desfile de moda.

 

Ademáis, durante este mes, todos os alumnos do colexio participaron nun concurso de postais. O xurado elixíu unha postal gañadora por ciclo e a gañadora do colexio foi enviada aos pais como postal de felicitación do noso colexio.

Preme na foto e verás todas as fotos do Nadal 2009

 

Distribuir contido


by Dr. Radut