Skip to Content

Actividades de Normalización Lingüística

Proxecto "Celso Emilio Ferreiro"

O alumnado do 3º ciclo estivo traballando no "Proxecto Celso Emilio Ferreiro". Proxecto que naceu na biblioteca do centro pero que foi medrando cara as aulas grazas a implicación das distintas materias. Aquí podedes ver imaxes do proceso, ler a entrevista ficticia que lle fixeron ao escritor e escoitar a súa versión rap do poema "Deitado frente ao mar"que gravaron en música acompañada de ilustracións que fixeron en plástica. Ademais, en matemáticas elaboraron liñas do tempo tomando as datas máis importantes da vida e obra do autor.

 

Se queres ler a entrevista pincha no arquivo adxunto que aparece debaixo desta entrada.

 

You are missing some Flash content that should appear here! Perhaps your browser cannot display it, or maybe it did not initialize correctly.

Lecturas pracenteiras para tódalas materias.

Este ano 2012 dende a Biblioteca do noso centro quixemos celebrar o día do libro dun xeito especial. Por iso mostramos unha selección de lecturas pracenteiras relacionadas con cada unha das materias do currículo. Con iso quixemos amosar ao noso alumnado que ademais de ler por pracer tamén o podemos facer para aprender, e que mellor momento que nesta semana!!!

Os nosos alumnos e alumnas visitaron esta pequena exposición e realizaron lecturas en grupo. Despois, como non, puideron levar emprestados aqueles libros que máis lles gustaron.

Os máis pequenos puideron disfrutar da lectura dramatizada do "Soldadiño de Chumbo" e da curtametraxe da mesma historia realizada polo grupo Algarabía.

Gañadores do concurso " Contos e lendas de Cerdido"

Onte, día 23 de Abril de 2012, coincidindo co Día do Libro a alcaldesa de Cerdido fixo entrega dos premios da XII Edición do concurso "Contos e Lendas de Cerdido".

Os contos gañadores foron os seguintes:

Infantil - "Os tulipáns bailaríns" - Escrito por tódolos alumnos/as do curso.

1º Primaria - "Un bosque de Cerdido cheo de caramelos"- Martín Fernández Lago.

2º Primaria - "El perro que muerde"- Judith González Gómez.

3º Primaria - "O raposo que non collía nin un verme" - Miguel Piñón Tojeiro.

4º Primaria - "O Titanic en Cerdido" - Adrián López Luaces.

5º Primaria - "A mina da Barqueira" - Elena Galdo Martínez.

6º Primaria - "Cen anos en Cerdido" - Cristina de Oliveira Ríos.

  

  

 

 

 

Tódolos contos atópanse na biblioteca do centro así que, se che apetece podes collelos prestados para lelos na casa!!!

 

XII CONCURSO DE CONTOS DO CONCELLO DE CERDIDO

 Como é tradición no noso concello convócase o XII Concurso de contos e lendas de Cerdido.  Queda aberto o prazo de presentación das obras. A data límite para entregalas no concello é o 12 de Abril. Aquí mesmo amosamos as bases do concurso. Anímate a participar!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut