Skip to Content

Escolares

Semana do libro. Premios Concurso contos Cerdido e actuación musical

A semana do libro deu moito de si, xa que ademáis da Feira do libro, os apadriñamentos lectores, a visita de Ánxela Loureiro e diversas actividades a nivel aula, tivemos a sorte de asistir a unha actuación musical a cargo de "La guagua", a cal tiña como tema central a importancia da lectura. Igualmente, foi o día que coñecemos ós diversos gañadores do Concurso de contos de Cerdido. Ademáis, tivemos un montón de regalos da man do Concello, ¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!!!

Así, tivemos diversos gañadores por aula. ¡¡¡NORABOA A TODOS/AS!!!!

5º e 6º de Educación Primaria: Irene Rico García.

3º e 4º Educación Primaria: Samanta Luaces Serantes.

1º e 2º Educación Primaria: Enma Mourente Figueiras.

Educación Infantil: PREMIO COLECTIVO A TODA A CLASE. 

Velaquí algunha proba do ben que o pasamos.

                                   

 

 

 

 

Inaguración do parque de educación Vial "PEDALIÑO"

O mes de Abril veu cargado dunha infinidade de actividades, e con ela, a ansiada inaguración do noso parque de educación vial "Pedaliño".

Neste día, coñecimos o gañador do Concurso de debuxo de Cerdido, Noemie García Martín ¡¡¡NORABOAAA!!!!!, quen tivo a sorte de ver impreso a súa obra nas camisetas que nos obsequiou o Concello.  ¡¡¡¡POR FIN COÑECEMOS A PEDALIÑO!!!!!!

Igualmente, desde a Garda Civil, tivemos unhas clases avanzadas de Educación Vial que esperamos poñan todos/as en práctica.

                

 

Semana do libro. Visita de Ánxela Loureiro

Inmersos de cheo na Semana do libro, recibimos no noso centro a visita de Ánxela Loureiro, unha escritora do máis polifacética que inicia a súa andaina como escritora de teatro infantil. Máis tarde, aínda que continúa escribindo obras deste xénero, algunhas becadas pola Consellería de Cultura, a súa creatividade espallouna a outros xéneros como a poesía ou a novela.

A poesía, sempre vencellada á música, pois é autora de numerosas cancións polas que acadou varios premios no concurso Cantareliña e colaborou en diferentes publicacións e discos.

Estes últimos anos mergullouse no mundo do cine para o que escribiu varios guións cinematográficos dirixidos á infancia.

A súa profesión de mestra fai que colabore con relatorios e obradoiros en diversos foros educativos, que escriba artigos en revistas de carácter didáctico, que participe na elaboración de libros de texto ou que publique libros para o profesorado. 

¡¡¡¡¡CASE NADA!!!!!!

Pois nós, tivemos o grande placer de disfrutar dela o pasado mes de Abril. Velaquí algunha mostra:

      

                                                                                  

 

 ¡¡¡¡¡¡MILLÓNS DE GRAZAS ÁNXELA!!!!!!!

 

Semana do libro

Un ano máis, conmemoramos no noso centro a Semana do libro, coa excepción que este ano, a data se alarga ata finales de curso.

Por isto, creamos no corredor do centro, unha auténtica feira do libro, con materiais aportados polas familias, polos mestres/as e polo propio centro. Á verdade é, que despois de moito traballo, da gusto intercarmbiar contos neste pequeno recuncho da nosa escola que incita á lectura.

¡¡¡¡¡GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!!

                       

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut