Skip to Content

Escolares

LEANDRO LAMAS

Como ben vos acordaredes, durante o comezo do curso, tivemos no centro a visita de Leandro Lamas, co cal quedamos tan encantados, que a través do Concello de Cerdido, repetimos a experiencia.

Así, nesta ocasión, nos tamén nos convertemos en pintores e axudamos a pintar unha das paredes do centro cunha das súas obras adicadas exclusivamente ó noso centro. A verdade é que a experiencia nos encantou e a obra artística quedou espectacular. ¡¡¡ANIMADESVOS A VIR A VELA EN DIRECTO Ó CENTRO!!!!

        

Saída a AldeaNova

Aproveitando que os máis maiores do cole marcharon de viaxe a Madrid, os peques decidimos facer unha viaxe a Granxa Escola de Aldea Nova. Foi unha mágoa que o tempo non nos acompañará algo máis na nosa saída, pero aínda así...¡¡¡O PASAMOS PIPA!!!!

 

       

 

 

Letras galegas

O mes de Maio veu cargado de celebracións e conmemoracións como foi o Día das Letras galegas. Así, desde a Biblioteca do Centro, así como o Departamento de Educación Física e o Concello de Cerdido promovéronse diversas actividades como:

XOGOS POPULARES

                   

 

              

 

ALFOMBRA FLORAL DE CARLOS CASARES (AUTOR HOMENAXEADO NO 2017)

           

 

 

GHAZAFELLOS

          

Día de Europa

Empezamos un novo mes, e con el  seguimos coas conmemoracións no noso centro. Así, o pasado Luns 9 de Maio, celebramos o día de Europa, para o cal era moi necesario saber primeiro: "¿Qué é Europa?". Porén, os máis maiores do cole, deron unha auténtica clase maxistral de xeográfica (¡¡¡Moi ben polos seus mestres/as!!!!) e, así, observamos nunha curtametraxe todo o que os nosos "compis" nos acababan de ensinar. Máis tarde, cantamos entre todos/as unha canción relacionada co tema e decoramos a bandeira da Unión Europea. 

                                    

 

                                   

Distribuir contido


by Dr. Radut