Novidades Setembro 2012

NOVIDADES SETEMBRO 2012

 

 

 

Xa podes atopar na biblioteca un novo número da revista PELO PICO PATA  e como novidade un exemplar de National Geographic KIDS.

COMEZO DO CURSO 2012/2013

Infórmase a todos os pais e nais do alumnado matriculado no CEIP DA BARQUEIRA que as clases do próximo curso escolar darán comezo o mércores 12 de setembro.

AGRADECEMENTO

Ante as numerosas mostras de cariño recibidas con motivo da nosa xubilación, queremos amosarvos a todos (pais e nais, alumnos e alumnas, alcaldesa e corporación municipal, persoal non docente, compañeiras e compañeiros) o noso máis sincero agradecemento.

Grazas pola vosa colaboración, comprensión e compañía durante todos estes anos.

Manuel Otero Pazos e Raquel Rodríguez Losada.

Moita sorte, de corazón.

Todas as despedidas son amargas. A ninguén lle gusta separarse das persoas que quere e moito menos das que se fan querer e isto é o que aos mestres que quedamos no cole nos pasa este ano. Marchan moit@s compañeir@s por diferentes motivos: xubilacións, cambios de destino, supresións... En fin... Só queda dicir adeus e desexarlles moita sorte.

Raquel, Manolo, Ana, Auri, Tona,Luis, moitísima sorte cos novos proxectos. Esperamos que fagades o que fagades e que indo a onde as vosas vidas vos leven sexades moi felices.

 

Moitísimas grazas polo tempo compartido!!!

Distribuir contido