EDLG

Equipo de dinamización e normalización lingüística. Actividades realizadas para fomentar o uso da lingua galega.

O APALPADOR.

Resultado de imagen de APALPADOR   

Conta a lenda que polas datas de Noiteboa e Noitevella un personaxe moi antigo, barbudo, apracibre e grandeiro, baixa do máis profundo do Courel e do Cebreiro, no oriente de Lugo, onde habita nas súas fragas para entrar moi amodiño na habitación dos máis cativos e palpar as súas barriguiñas co gallo de ver se comeron ben durante todo o ano e máis deixarlles unha morea de castañas. Se ademais de todo isto comproba que foron bos, tamén deixa algún agasallo como desexo dun Aninovo cheo de ledicia e comida.

É un xigante esta figura lexendaria galega, de profesión carboeiro e, dende hai moitos anos ten levado moreas de agasallos aos nosos devanceiros, pero máis importante que os agasallos é a mensaxe que ano tras ano nos transmite: respecto pola natureza e coidado do medio ambiente.

É moi doado de recoñecer. Viste unha chaqueta de moitas cores e os pantalóns cheos de remendos. Fuma en pipa e leva unha boina na cabeza.Se tés a sorte de velo non lle teñas medo e dille que imos gardar para el un recuncho na nosa imaxinación para que o patrimonio inmaterial de Galicia non desapareza e que todos sigamos recibindo esa morea de castañas "coa forma que ti queiras".

BO NADAL AMIGUIÑO!!!

 

 

FUNGOS E COGOMELOS.

FUNGOS E COGOMELOS.

Resultado de imagen de cogomelos de galicia

O Bosque Atlántico é o ecosistema que predomina na nosa comunidade. Na Galicia interior, os soutos, castiñeiros e piñeirais están pragados duns curiosos seres, os fungos, e, entre eles o máis coñecidos son os cogomelos. Álvaro Cunqueiro recolleu as esencias e virtudes dos cogomelos nos seus artigos e traballos sobre cociña como en "Viajes y yantares por Galicia". Galicia é un paraíso do cogomelo silvestre e avanza no capítulo do cultivo, resta que sexan protaginistas nos pratos dos nosos menús por calidade e por seren alimentos nutritivos e moi sans.

 

O MAGOSTO 2018

 

 

Resultado de imagen de O MAGOSTO EN OURENSE

 

O MAGOSTO NA CIDADE DE OURENSE.

"Polo San Martiño faise o magosto con castañas viño ou mosto"

A provincia de Ourense e sur de Lugo son lugares privilexiados para os soutos de castiñeiros. Ourense e, en particular Manzaneda (Lugar de Vilariño) ten a honra de posuír o castiñeiro máis lonxevo con maior diámetro de Galicia. Con estes elementos non nos pode estrañar que a castaña fora durante moitos anos "o pan dos pobres" na Galicia interior. Que mellor recoñecemento a este alimento que dedicarlle toda unha festa? pois si, o Magosto! Antón Fraguas, o historiador e antropólogo homenaxeado este ano polas letras galegas, distinguía entre "O Magosto a secas" e "a festa do Magosto" que según el era moito máis: festa de colleitas, castañas, viño novo, ganas de divertirse, xuntarse, tisnarse...

RELATOS TERRORÍFICOS DO SAMAÍN.

O TÚNEL DO TERROR!

Todos somos moi valentes cando estamos afastados do perigo, mais...Que ocorre cando estamos metidos de cheo nel? Imos ver a faciana dos nosos valentes nun túnel onde hai todo tipo de pantasmas, caveiras e demais personaxes do Samaín tentando que non che sexa moi doado sair.

 

 

AS BRUXAS E O SAMAÍN

Unha morea de bruxas foron cazadas polos cativos e cativas do CEIP "As Mercedes" e, como facían os habitantes dos poboados castrexos coas caveiras dos seus inimigos, foron expostas na entrada do centro. Agardamos non sufrir represalias por isto!

 

 CONCURSO DE RELATOS TERRORÍFICOS DO SAMAÍN 2018

 

 

 

4º EP:" A PANTASMA DO CUÉLEBRE". Por Xián, Noa Leila e Alan.

5º EP:" O MISTERIO DO COLEXIO ABANDONADO". Por Carla Pèrez Arjiz e Martina Conde Doval.

En Samaín ocorren cousas estrañas e arrepiantes. Podes ler o que contan os alumnos e alumnas de 5º de primaria: Natalia, Nekal, Pablo e Xan. Ten coidado...podes pasar moito medo!

A BONECA DIABÓLICA.

 A PANTASMA DO COLEXIO DAS MERCEDES.

Relatos diabólicos do Samaín 2019:

5º DE PRIMARIA

Nadia, Lucía, Enrique, Xián e Daniel :  " O cadaleito vivinte"

 

3º de PRIMARIA.

 

Lucía Rguez., Iria, José, André, Sofía, Lois e Breixo: " O  mariñeiro"

 

O SAMAÍN! Quen dixo Halloween?

OUTUBRO/NOVEMBRO 2018

O SAMAÍN! fas ben ter medo...!

A moda recente de celebra- los defuntos con cabazas e festas de disfraces ven dos EE.UU, pero o certo é que a orixe desta celebración entronca cuns cultos que non nos son tan alleos. A tradición de celebrar Halloween  llevarona a EE.UU. os irlandeses que emigraron no século XIX, xa que a tradición de Halloween é de orixe celta.

Os celtas disfrazábanse para para que os malos espíritos non os recoñeceran como humanos. Pero sobre todo e en esencia, o Samhain era una celebración agrícola na que se facía balance dos suministros de alimentos que deixara a colleita e das provisións dispoñibles para pasa-lo inverno.

Samaín significaba o fin do verán. A tradicional noite de Samaín, entre o 31 de outubro e o 1 de novembro, coincide co primeiro día do ano do calendario celta. Os celtas celebraban a chegada do inverno e durante a celebración lembraban e rendían culto aos ancestros falecidos.

Na festividade máis antiga do Samaín usábanse os cranios dos inimigos vencidos na batalla para alumalos e colocalos nos poboados castrexos para espanta-los espíritos e máis as almas malignas. Co paso do tempo estes cranios pasaron a seren substituídos polas humanizadas cabazas con velas acesas no seu interior.

Coa romanización, as tradiciós celtas romanizáronse e despois se cristianizáronse, e o Samhain paou a se-la celebración de Todos os Santos (a palabra Halloween orixinariamente era “All Hallow’s Eve”, é dicir, véspera de Todos os Santos).

A tradición da festa foise perdendo co paso do tempo, pero hai lugares en Galicia que aínda lembran a celebración da festa e festexan ese día con celebracións de cativos e maiores.

Fas ben ter medo...! (Presentación Power Point)

 

Sabías que…

 

.. dende hai xa dezasete anos na vila de Cedeira celébrase a Festa de Samaín?

 

... en Chubut, Arxentina, as comunidades galesas e galegas celebran conxuntamente esta tradición ?

 

... ao día de hoxe varias localidades francesas están a iniciar tamén as súas Festas de Samaín, para contrapoñelas ao Halloween?

 

... certas comunidades progresistas de EEUU están celebrando estas datas co nome de Samaín e non Halloween?

 

... fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de Samaín para facerlle fronte á alienante moda do Halloween?

 

 

SETEMBRO/OUTUBRO 2018

Somos unha comunidade privilexiada en canto ao viño se refire. Temos cinco prestixiosas denominacións de orixe que abranguen todo o longo da comunidade, dende as Rías Baixas ata Valdeorras. E, por suposto, a vendima en Galicia sempre foi unha festa. De todos os labores agrícolas que se reparten ao longo do ano, a vendima é a máis festeira e lúdica.Nela participan maiores e cativos, cada un coas tarefas asignadas: dende a  corta dos acios ata os traballos no lagar.

As viñas déronlle ao noso rural moita vida económica. A venda das uvas ou do viño supuxo unha achega económica importante cara a finalización das tarefas agrícolas do ano. aínda que é mester salientar as repetidas  queixas dos pequenos viticultores polo baixo prezo que se pagaba/paga polo litro/quilo de uva, que en moitos casos vese multiplicado por dez nos supermercados e restaurantes.

Os milleiros de quilos de uvas que se recollían eran tratados basicamente con sulfato e xofre e as pragas que afectan hoxe aos viñedos, practicamente non existían. O traballo comezaba no bazal, cortando os acios e meténdoos en cestos de madeira de salgueiro branco que , á súa vez, eran valeirados en cestos máis grandes, os culeiros,e transportábanse en carros de vacas ou bois ao lagar, lugar da bodega onde homes e mulleres descalzos pisaban os acios para obter o mosto, o viño novo, que logo descansaría en pipas de carballo ou castiñeiro ata que estivera listo para o consumo.

Outo aspecto da vendima menos coñecido era a obtención da augardente a partir do bagazo. Despois da fermentación do viño sacábase o bagazo que os viticultores poñían ao lume dos alambiques para, noite tras noite, obter a augardente.

 A VENDIMA É UNHA FESTA! (Presentación Power Point)

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet