SETEMBRO/OUTUBRO 2018

Somos unha comunidade privilexiada en canto ao viño se refire. Temos cinco prestixiosas denominacións de orixe que abranguen todo o longo da comunidade, dende as Rías Baixas ata Valdeorras. E, por suposto, a vendima en Galicia sempre foi unha festa. De todos os labores agrícolas que se reparten ao longo do ano, a vendima é a máis festeira e lúdica.Nela participan maiores e cativos, cada un coas tarefas asignadas: dende a  corta dos acios ata os traballos no lagar.

As viñas déronlle ao noso rural moita vida económica. A venda das uvas ou do viño supuxo unha achega económica importante cara a finalización das tarefas agrícolas do ano. aínda que é mester salientar as repetidas  queixas dos pequenos viticultores polo baixo prezo que se pagaba/paga polo litro/quilo de uva, que en moitos casos vese multiplicado por dez nos supermercados e restaurantes.

Os milleiros de quilos de uvas que se recollían eran tratados basicamente con sulfato e xofre e as pragas que afectan hoxe aos viñedos, practicamente non existían. O traballo comezaba no bazal, cortando os acios e meténdoos en cestos de madeira de salgueiro branco que , á súa vez, eran valeirados en cestos máis grandes, os culeiros,e transportábanse en carros de vacas ou bois ao lagar, lugar da bodega onde homes e mulleres descalzos pisaban os acios para obter o mosto, o viño novo, que logo descansaría en pipas de carballo ou castiñeiro ata que estivera listo para o consumo.

Outo aspecto da vendima menos coñecido era a obtención da augardente a partir do bagazo. Despois da fermentación do viño sacábase o bagazo que os viticultores poñían ao lume dos alambiques para, noite tras noite, obter a augardente.

 A VENDIMA É UNHA FESTA! (Presentación Power Point)

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
O OUTONO A Vendima.pptx5.02 MB

Powered by Drupal - Design by artinet