Novas do centro

ENQUISA CONVIVENCIA

Prazo de participación: do 2 ao 22 de maio de 2023

Antes de comezar, lea as instrucións para participar na enquisa de convivencia desde o seu centro educativo. A continuación, tamén pode consultar a guía para responder

De ser necesario, revise detidamente as preguntas frecuentes.

Para aquel alumnado que o precise, é posible descargar e imprimir un cuestionario pictográficoNOTA: As respostas deben ser trasladadas do papel ao cuestionario dixital para o alumnado que require asistencia, empregando a ligazón que figura máis abaixo e a clave de acceso do/a alumno/a.

 

ACLARACIÓNS:

COLECTIVOS PARTICIPANTES:

  • Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
  • Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
  • Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
  • Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

 

O enderezo electrónico dos diferentes cuestionarios de convivencia é a seguinte:

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria" en https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria" en https://edu.xunta.gal/conveso

"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://edu.xunta.gal/convpost

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico" en https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado" en https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o persoal de administración e servizos" en https://edu.xunta.gal/convpas

"Recollida de datos para as familias" en https://edu.xunta.gal/convfamil

 

No enlace http://educonvives.gal pode atopar información adicional sobre esta iniciativa.

Ven a coñecernos.

Estimadas familias.

Estamos desexando que veñades a coñecer o noso centro para que poidades telo en conta á hora de elixir colexio para as etapas de educación infantil e primaria.

O martes 28 de febreiro ás 17:30, faremos unha xornada de "Portas abertas" na que amosaremos as instalacións do centro, explicaremos o proxecto educativo, os servizos que se ofertan e poderedes coñecer ó profesorado.

Se non podedes vir ese día ou preferides unha atención personalizada, podedes chamar ó teléfono do centro (988 68 50 30) ou poñervos en contacto mediante o correo electrónico (ceip.asmercedes.ourense@edu.xunta.gal) para pedir cita.

 

 

Estimadas familias.

Estamos deseando que vengáis a conocer nuestro centro para que podáis tenerlo en cuenta a la hora de elegir colegio para las etapas de educación infantil y primaria.

El martes 28 de febrero a las 17:30, haremos una jornada de "Puertas abiertas" en la que mostraremos las instalaciones del centro, explicaremos el proyecto educativo, los servicios que se ofertan y podréis conocer al profesorado de.

Si no podéis venir ese día o preferís una atención personalizada, podéis llamar al teléfono del centro (988 68 50 30) o poneros en contacto mediante el correo electrónico (ceip.asmercedes.ourense@edu.xunta.gal) para pedir cita.

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Poden consultar toda a información relativa o proceso de admisión de alumnado AQUÍ

 

HORARIO DE ATENCIÓN DE SECRETARÍA

 

 

PRAZOS

 

Reserva de praza nos centros adscritos (IES As Lagoas)     

do 16/01 ó 6/02 (aa.ii.)

Renuncia das familias á solicitude de reserva no centro de adscrición

Antes do 28 de febreiro

Data do sorteo público para efectos de desempate

Última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

antes do 1 de marzo

Proceso de admisión                                                                

 

Presentación de solicitudes de admisión

1 ao 20 de marzo

Renuncia das familias á solicitude ordinaria nun centro

 Ata o 20 de marzo

Prazo entrega de documentación acreditativa dos criterios do baremo (só no caso de ter que baremar)

 10 días hábiles entre o 24de marzo e o 6 de abril.

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido

 Antes do 25 de abril

Prazo de reclamación

5 días hábiles despois do seguinte á publicación dalistaxe provisional

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

  22 de maio

Período de matrícula

 

Matrícula en E.I. e E.P.

20 ao 30 de xuño

 

LEXISLACIÓN ESCOLARIZACIÓN  Decreto 13/2022, do 3 de febreiro Orde do 21 de outubro de 2022

 

-

AVISO IMPORTANTE ÁREA DE INFLUENCIA
BAREMO PREVISIÓN DE PRAZAS

Impreso Reserva centro adscrito (IES As Lagoas) ED550A

SOLICITUDE: Galego           SOLICITUD: Castelán

Impreso solicitude admisión ED550B
SOLICITUDE: Galego    SOLICITUD: Castelán

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS  LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS

LISTAXE PUBLICADA NA APLICACIÓN E NO TABOLEIRO DO CENTRO.

TODAS/OS AS/OS SOLICITANTES OBTIVERON PRAZA NA LISTAXE PROVISIONAL

LISTAXE PUBLICADA NA APLICACIÓN E NO TABOLEIRO DO CENTRO.

TODAS/OS AS/OS SOLICITANTES OBTIVERON PRAZA NA LISTAXE DEFINITIVA

 

 

 

Concurso Constitución

 

O noso compañeiro Carlos, de 5º de primaria, resultou premiado no Concurso sobre a Constitución convocado pola Subdelegación do Goberno de Ourense. Parabéns por este magnífico traballo.

 

 

VER VÍDEO

Powered by Drupal - Design by artinet