O Pequemercado das Mercedes

Este ano, co obxectivo de recadar diñeiro para subvencionar as excursións de fin de curso dun xeito lúdico e educativo, realizaremos un mercadiño no cal se poderán adquirir artigos variados. O importe íntegro do recadado usarase para as excursións que realizará todo o alumnado en fin de curso.

O mercadiño abrirá para o alumnado os venres no patio do recreo.
Para as familias os martes en horario de 16 a 18 horas na entrada do centro.
Para o público en xeral os días 1, 15 e 19 de decembro en horario de 12 a 13:30 (pendente de autorización por parte do Concello).

Grazas por participar.

Powered by Drupal - Design by artinet