INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025

As familias do alumnado que desexe continuar os estudos de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES As Lagoas deberán facer a solicitude de reserva desde o día de hoxe ata o 5 de febreiro. As familias que teñan pensado ir a outro centro terán que facer a solicitude de admisión no centro elixido no prazo ordinario (previsiblemente do 1 ó 20 de marzo)

 

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN CURSO 2024/2025 (IES AS LAGOAS)

 

O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.


As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:


Solicitudes > Reserva > Crear

 

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo
Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado
dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non.

 

1. Usuarios sen identificar


Unha vez introducidos todos os datos, deberá premer no botón Crear aparecendo a seguinte mensaxe para poder descargar a solicitude e o anexo I Bis que deberá presentar
no centro. Tamén poderá imprimir o xustificante co código da solicitude.

2. Usuarios identificados


Unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude), imprimilo e presentalo no centro educativo.

Powered by Drupal - Design by artinet