Novas do centro

ROSALÍA - TODOS POR IGUAL

Rosalía. Todos por igual.
Música, voz e guitarra: Marcos Acuña (Truque Matruque. Contos cantados)
Ilustracións e narración: Esteban Acuña (Tarabelos. Títeres e contacontos)

Participantes de 1º e 3º de Educación Primaria

Sinopse:
Un obradoiro centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro "Cantares gallegos", no que descubrimos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais... Cantaremos os cantares de Rosalía e xogaremos con eles, contaremos un dos seus contos e faremos unha "rosaliada": un gran cadro entre todos no que deixaremos unha mensaxe de igualdade, utilizando a arte como fixo Rosalía.

 

Susa Herrera - En Cabárceno Rugidos y Canciones (1º, 2º, 5º e 6º EP)

Al igual que en el primer título de esta serie: "En Cabárceno se oye cantar" y en el segundo: "En cabárceno se sigue cantando", otros diez animales cobran vida al ritmo de la música en las páginas de este libro. Un nuevo recorrido por la fauna y los sones de los cinco continentes. Descúbrelos a través de las canciones de Susa Herrera, las ilustraciones de Violeta Monrealy la producción musical de Carlos Calviño.

Día da Paz

 

 

Coa chegada do ano 2020, unha das mellores efemérides que se celebrarán en practicamente todo o mundo é o 250 aniversario do nacemento de Ludwig van Beethoven, sen dúbida un dos compositores máis importantes na historia da música, un xenio auténtico e un creador que desenvolveu a súa vida con certo heroísmo.

 

Por este motivo, o día da paz cantamos o himno da alegría coa música da súa Novena Sinfonía.

Compadres e Comadres (3º e 4º de EP)

O alumnado de 3º e 4º de EP fixeron os compadres e as comadres para celebrar o xoves de compadres.

Visita ó IES As Lagoas

O alumnado de 6º de primaria visitou o IES As Lagoas para coñecer de primeira man o que se van a encontrar no vindeiro curso.

Teatro para escolares: Unboxing Alice (5º e 6º EP)

 

 

Xa pasou moito tempo desde que Alicia visitou Wonderland por última vez. Chegou o momento de actualizarse! Tweedle Dee e Twee Dum soben ao carro dos youtubers e serán os encargados de nos guiar por unha viaxe esmendrellante para desvelarnos a verdadeira natureza de Alice! Todo un «unboxing video»! Esta obra de teatro articúlase a partir da participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

Resultado de imagen de unboxing alice"

LUNA DE BRIGANTIA - Programa de preparación e educación para a pubertade (5º e 6º EP)

 

 LUNA DE BRIGANTIA

Programa de preparación e educación para a pubertade

Trátase dun programa educacional, impartido por unha matrona, que busca o coñecemento dos procesos e cambios físicos e emocionais durante a puberdade proporcionando información clara e obxectiva desde un punto de vista salutoxénico. Ademáis de implicar aos nenos e nenas, proporcionarase información á comunidade docente, que estará presente no taller orientado ao alumnado e haberá outros dous talleres, un dirixido ás nais xunto a súas fillas e outro dirixido só aos proxenitores. Ambos centrándose en proporcionar ferramentas para axudar ás adolescentes a aumentar a súa conciencia menstrual, pero desde un enfoque diferente, o primeiro desde a creación dun ambiente de intercambio entre as dúas xeracións femininas e o segundo proporcionando información sobre a menstruación.

1.- XUSTIFICACIÓN

A puberdade comeza entre os 8 e os 12 anos; nesta fase os e as preadolescentes chegan a ser máis conscientes do seu corpo. Pese a esto, algúns nenos e nenas non reciben información suficiente sobre os cambios que se orixinarán nos seus corpos e especialmente sobre a menstruación. Esto conleva a que existan medos e mitos relacionados coa sexualidade e a menstruación, algúns dañinos para a autoestima e a saúde. Ao mesmo tempo, esta idade é vulnerable ao acoso e ao abuso sexual e a non recibir información nin interiorizar que os seus corpos lles pertencen e que ninguén pode tocalos o referirse a eles dunha maneira que non lles goste, atemorice ou avergoñe. Hai que darlles poder e protección, reducindo a probabilidade de abuso e acoso, incluso entre pares.

2.- OBXECTIVOS

• Incrementar o coñecemento de cómo os corpos e as emocións cambian na puberdade.

• Gañar confianza para discutir temas relacionados coa súa saúde.

• Ofrecer información veraz e oportuna que, a su vez, promocione prácticas saudables de hixiene e conduta.

• Comezar a desenvolver a conciencia en torno a roles de xénero.

• Reducir as preocupacións que podan ter sobre a menstruación e o seu manexo práctico.

• Axudar a obter unha imaxe positiva de sí mesmo ou mesma.

• Disminuir o acoso entre pares.

 

 

 

 

TRÉCOLA TEATRO - SEN MEDO (EI, 5º e 6º EP)

"Sen medo". TRÉCOLA TEATRO.

Dúas coidadoras dun parque natural contan as historias de Roi e Silo, dous pingüíns macho que queren ser pais; das tartarugas Clementina e Artur que comezan unha vida en común aparentemente feliz, ata que el comeza a poñer unha pesada carga de obxectos e desprezos sobre ela... Tamén falarán de mulleres que, ao longo dos séculos loitaron polos seus soños, poñendo o un valioso gran de area na historia do feminismo. Retallos de vida que plasman diferentes realidades que nos rodean, desde un punto de vista optimista e positivo: se queremos que algo suceda, deberemos loitar por conseguilo entre todas e todos.


IGUALDADE - NOA NO ESPELLO (EI, 1º, 2º, 3º e 4º EP)

"Noa no Espello", da compañía Sarabela.

 

A obra, dirixida a pequenos de entre 4 e 11 anos, conta as historias de tres personaxes, que defenden a idea de que "facer o que un quere e o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz".

 

Desde Sarabela defenden que con esta representación "búscase ensinar aos pequenos como enfrontarse á crítica e como se pode chegar a vencela".

 

Durante os 45 minutos que dura a representación, Sabela Gago, a intérprete, utiliza a escenografía, a música e a interacción para manter esperta a atención do alumnado.

 

 

 

PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 

HORARIO PARA PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN

DE LUNS A VENRES DE 9 A 14 HORAS

 
 

PEDIR CITA PREVIA

 

 

 

Poden consultar toda a información relativa o proceso de admisión de alumnado AQUÍ

 

 

PRAZOS ADAPTADOS POLA RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020 do CECOP

 

Reserva de praza nos centros adscritos (IES As Lagoas)     

do 1 ó 17 /02 (aa.ii.)

Renuncia das familias á solicitude de reserva no centro de adscrición

Antes do 29 de febreiro

Asignación de prazas no centro de adscrición

Ata o 27 de febreiro

Publicación de normativa e prazas.

29/02

Proceso de admisión                                                                

 

Presentación de solicitudes

do 11 ó 18 de maio

Prazo entrega de documentación (só centros que bareman)

ata o 26 de maio

Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido

8 de xuño

Prazo de reclamación

9,10 e 11 de xuño

Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

26 de xuño

Período de matrícula

 

Matrícula en E.I. e E.P.

 do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

LEXISLACIÓN ESCOLARIZACIÓN  DECRETO 254/2012  ORDE do 12 de marzo de 2013
Letra desempate puntuación ORDE de 25 de xaneiro de 2017

 

AVISO IMPORTANTE ÁREA DE INFLUENCIA
BAREMO PREVISIÓN DE PRAZAS
Impreso Reserva centro adscrito (IES As Lagoas) ED550A Impreso solicitude admisión ED550B
GALEGO     CASTELÁN
- Formulario de previsión de matrícula   ESO-1º 

 

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS  LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS
Pola lei de protección de datos só se poden publicar as listas no interior do centro educativo. No obstante, podemos dicir que todos os solicitantes foron admitidos. Pola lei de protección de datos só se poden publicar as listas no interior do centro educativo. No obstante, podemos dicir que todos os solicitantes foron admitidos.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet