Novas do centro

FONDO LIBROS

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL 2 xullo
PRAZO DE RECLAMACIÓN 5 e 6 de xullo
PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA 7 de xullo
RECOLLIDA DE VALES E LIBROS 7 e 8 de xullo e 2 e 3 de setembro (HORARIO 9:30-13:30)

Por mor da lei de protección de datos as listaxes serán expostas no taboleiro interior do centro.

Listaxe fondo de libros provisional codificada (aparece o DNI/NIE/Pasaporte dun dos proxenitores quitando as dúas primeiras e as dúas últimas cifras)

BASKET AND ENGLISH

Actividade ofertada polo concello de Ourense realizada por Willie Ladson de Coast2Coast Events

 

VER

VÍDEO

VER VÍDEO

 
         

 

 

 

 

 

 

FIN DE CURSO INFANTIL

O martes 15 de xuño celebraremos unha festa co alumnado de Educación Infantil para despedir o curso 2020 - 2021.

 

Contaremos con monitores e realizarán diferentes actividades como por exemplo: "gymkanas" deportivas, xogos con paracaidas, xogos musicais, tatuaxes con aerógrafo (por aire comprimido, sen contacto coa pel).

 

Cada monitor estará sempre co mesmo grupo para respectar os grupos burbulla das aulas de infantil.

 

FIN DE CURSO PRIMARIA

 

O MARTES 15 DE XUÑO DE 2021 faremos unha saída co alumnado de primaria para despedir o curso 2020-2021. Entraremos no colexio á mesma hora que un día normal e a recollida será no propio centro sobre as 17:45/18:00.

Desfrutaremos dun día ó aire libre realizando actividades multideportivas coa supervisión de monitores especializados nas instalacións de PadelPrix – La Zamorana.

É necesario levar roupa deportiva, gorra e protección solar. Ademais o alumnado deberá levar a súa propia COMIDA DE CASA e auga para todo o día. O alumnado usuario de comedor recibirá unha bolsa de pícnic elaborada pola empresa que ofrece este servizo.

NON ESTÁ PERMITIDO traer móbiles ou dispositivos electrónicos (cámaras de fotos, vídeo,...). Non traer cuartos nin obxectos de valor.
Para calquera URXENCIA o día da excursión podedes contactarnos no teléfono móbil do centro: 693 606 123.

Tanto no transporte como na comida e nas actividades manterase a distancia de seguridade entre os grupos estables de convivencia.



BARBERIA PADEL PRIX OURENSE - Barbería Derek Ivanich | Barbería en Ourense
QUEREMOS AGRADECER A PADELPRIX A CESIÓN DAS INSTALACIÓNS E DOS MONITORES DE MANEIRA TOTALMENTE GRATUITA.




O custo do transporte será asumido polo centro, así que a excursión será GRATIS para o alumnado.

Como as actividades son realizadas ó aire libre, a excursión podería ser aprazada ou cancelada por causa do tempo.

O alumnado que non participe na excursión poderá acudir ó centro no horario habitual.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet