O APALPADOR.

Resultado de imagen de APALPADOR   

Conta a lenda que polas datas de Noiteboa e Noitevella un personaxe moi antigo, barbudo, apracibre e grandeiro, baixa do máis profundo do Courel e do Cebreiro, no oriente de Lugo, onde habita nas súas fragas para entrar moi amodiño na habitación dos máis cativos e palpar as súas barriguiñas co gallo de ver se comeron ben durante todo o ano e máis deixarlles unha morea de castañas. Se ademais de todo isto comproba que foron bos, tamén deixa algún agasallo como desexo dun Aninovo cheo de ledicia e comida.

É un xigante esta figura lexendaria galega, de profesión carboeiro e, dende hai moitos anos ten levado moreas de agasallos aos nosos devanceiros, pero máis importante que os agasallos é a mensaxe que ano tras ano nos transmite: respecto pola natureza e coidado do medio ambiente.

É moi doado de recoñecer. Viste unha chaqueta de moitas cores e os pantalóns cheos de remendos. Fuma en pipa e leva unha boina na cabeza.Se tés a sorte de velo non lle teñas medo e dille que imos gardar para el un recuncho na nosa imaxinación para que o patrimonio inmaterial de Galicia non desapareza e que todos sigamos recibindo esa morea de castañas "coa forma que ti queiras".

BO NADAL AMIGUIÑO!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet