Skip to Content

2º Educación Primaria

VISITAMOS O PALANGREIRO "NUEVO RUMBO" E A LONXA DE VIGO INVITADOS POR ORPAGU

O pasado 11 de outubro, a Asociación de palangreiros guardeses ORPAGU, invitou aos alumnos de 3º de primaria  a visitar un dos seus barcos, " Nuevo Rumbo" e a lonxa de Vigo.

Foi moi interesante comprobar como é a vida a bordo dun barco contada polos seus tripulantes, ver os aparellos dos que dispoñen e coñecer as distintas dependencias do barco.

Os seus tripulantes contáronlles moitas das súas experiencias e contestaron as todas as súas preguntas.

Despois dirixíronse  a lonxa  onde puideron ver  moitos tipos de peixes: ollomoles, meros, meigas, peixe espada, tabeiróns... e mariscos.

Foi unha experiencia fantástica!

Grazas ORPAGU !!!

 

UN FIN DE CURSO MÁXICO

Grazas a ANPA do cole tivemos un fin de curso máxico!!!

Clica na imaxe

 

O CEIP A SANGRIÑA DE VIAXE POLO MUNDO

Rematamos o curso, e con el a nosa viaxe polo mundo, e como non podía ser menos, fixémolo cunha gran celebración internacional!!!

Clica na imaxe e descubre cada etapa da viaxe!!!

 

OS ALUMNOS DO CLUB DE LECTURA REPRESENTARON " AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS"

Os alumnos de cuarto que participan no club de lectura representaron a obra de Carlos Casares " A laranxa máis laranxa de todas as laranxas"

 

Linda, a mestra que leva o club de lectura e os rapaces, neste último trimestre traballaron esta obra con moito entusiasmo e dedicación. Ese esforzo, tivo un resultado espectacular:  esta estupenda representación da obra.

Mirade que ben o fixeron!

 

 


 

Parabéns equipo!!!

HOMENAXEANDO A GLORIA FUERTES

A pasada semana quixemos homenaxear a  GLORIA FUERTES, facéndoa protagonista na aula, a ela e aos seus poemas.

Este ano celebraría o seu 100 aniversario.    .

 

Ela é unha das caras máis populares da literatura infantil do noso país.

Este foi o noso xeito de facelo:

 

 Elaboramos un mural  con algún dos seus poemas.

Recitámolas e dramatizámolas!


Analizámolas...

 

 

algunhas pasámolas a pictogramas para poder compartilas cos pequerrechos do cole.

 

 Máis información:

http://obauldecuartomariela.blogspot.com.es/search/label/Homenaxe%20Gloria%20Fuertes

ANDREA PORTELA RUIZ foi premiada no concurso de relatos organizado por Vegalsa en Betanzos

Andrea Portela Ruiz, alumna de 4ºB de Educación Primaria do Ceip A Sangriña, foi premiada

no concurso de relatos organizado por Vegalsa en Betanzos.

Clica de no arquivo e o poderedes ver!!!! Merece a pena!!

Proxecto BODY: Entrevista- coloquio a deportistas da zona

Os alumnos de terceiro de primaria, participamos na actividade: entrevista- coloquio a deportistas da zona, enmarcada dentro do proxecto BODY

Pincha na imaxe

 

 

UNHA SORPRESA NA BIBLIOTECA

Despois dunha semana esperando pola sorpresa, a biblioteca hoxe descubriu o segredo que gardaba para os nenos e nenas. Mirade!

PRIMEIROS PASOS USANDO O ÁBACO SOROBÁN

Durante este mes de decembro, os alumnos de 3º de primaria, empezamos a coñecer o manexo do ábaco Sorobán para mellorar o cálculo mental.

Os rapaces están super ilusionados e os resultados son realmente espectaculares.

 

 

Murais" Debuxando os meus dereitos"

O Concello da Guarda invitounos, a todos os nenos, a participar na actividade " DEBUXANDO OS MEUS DEREITOS" co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno.

Estes son os murais que fixemos! Pinchade na imaxe para velos todos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut