Skip to Content

VISITAMOS O PALANGREIRO "NUEVO RUMBO" E A LONXA DE VIGO INVITADOS POR ORPAGU

Versión para imprimir

O pasado 11 de outubro, a Asociación de palangreiros guardeses ORPAGU, invitou aos alumnos de 3º de primaria  a visitar un dos seus barcos, " Nuevo Rumbo" e a lonxa de Vigo.

Foi moi interesante comprobar como é a vida a bordo dun barco contada polos seus tripulantes, ver os aparellos dos que dispoñen e coñecer as distintas dependencias do barco.

Os seus tripulantes contáronlles moitas das súas experiencias e contestaron as todas as súas preguntas.

Despois dirixíronse  a lonxa  onde puideron ver  moitos tipos de peixes: ollomoles, meros, meigas, peixe espada, tabeiróns... e mariscos.

Foi unha experiencia fantástica!

Grazas ORPAGU !!!

 



page | by Dr. Radut