Skip to Content

2º Educación Primaria

Saída :Teatro "A nena e o grilo de máis aló"

Os alumnos de 1º e 2º de primaria,  desprazáronse ao  teatro Abanca de Vigo para asistir ao espectáculo de Magín Blanco “ A NENA E O GRILO DE MÁIS ALÓ”

 
 
Esta obra músico- teatral  é unha divertida aventura  chea de misterio e intriga que leva aos cativos ao mundo dos mortos.
Clica na imaxe para ver máis.

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS - FASE 1: INDAGACIÓN

Aquí tedes as primeiras imaxes do alumnado  de 2ºB  de  Educación Primaria desenvolvendo a primeira fase do proxecto “Xornada de Xogos Tradicionais” organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP A Sangriña:

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS:

A nivel de centro efectuarase unha xornada de xogos tradicionais, organizada polo EDLG, que constará de 3 fases que a continuación se sinalarán:

Fase 1 - Indagación:  cada nivel educativo indagará sobre un xogo tradicional.

Fase 2 - Construción do produto: estreitamente relacionada coa PDI “Salvemos o planeta” posto que cada grupo de alumnas/os recreará mediante materiais de reciclaxe o xogo escollido.

Fase 3 - Xornada conxunta: o seu desenvolvemento coincidirá coa semana das Letras Galegas, desenvolveremos unha xornada de xogos tradicionais o 15 de maio.

Proximamente mostrarémosvos imaxes dos diferentes cursos desenvolvendo as fases sinaladas anteriormente. Polo que, estean ben atentas e atentos!!!

Con agarimo,

O EDLG.

OS ALUMNOS DE 2º DE PRIMARIA RECOMENDAN...

Os alumnos de 2º de primaria, dentro da súa participación da P.D.I " SALVEMOS O PLANETA"  estiveron realizando unhas pequenas recomendación para enviarlle a Papá Noel para que as teña en conta cando merque os agasallos de Nadal.

 

Poesía: A nena que quería salvar o planeta

Os alumnos de segundo de primaria están traballando a reciclaxe e descubrindo que poden facer para mellorar o coidado do planeta...

E aquí nos deixan un pequeno resumo do que foron aprendendo en forma da poesía.

Bo traballo rapaces!!!

Charla Revitaliza

Este curso participamos en VOZ NATURA. 

Os alumnos de 2º de primaria recibiron unha charla moi interesante sobre a compostaxe e a reciclaxa a cargo de Marcelo, un monitor de REVITALIZA.

De seguido xogaron "O xogo da MIñoca" Co que puxeron en practica o parendido. 

Clica na imaxe

 

XA CHEGOU O NADAL A SANGRIÑA!!

O COLE INÚNDASE DE NADAL! CASE TODO FEITO CON MATERIAL DE REFUGALLO!! MIRADE, MIRADE...

 COS TAPÓNS, CÁPSULAS DE CAFÉ, CUNCHAS DE ZAMBURIÑAS, REDES DOS ALLOS E LARANXAS, CARTÓNS DOS ROLLOS DE BAÑO...

OS ALUMNOS DE 2º E C UARTO ELABORARON OS ADORNOS DA ÁRBORE,

 CO PAPEL DE ALUMINIO DOS BOCADILLOS RECOLLIDO  DURANTE ESTES MESES E CON CAIXAS DE CARTÓN  TAMÉN FIXERON ESTA ÁRBORE XUNTO COS BONECOS DE NEVE E RENOS.

 NAS PORTAS DAS AULAS DE 1º E 2º TEMOS ESTES CALENDARIOS DE ADVIENTO

 

MOITAS MANUALIDADES ADORNAN CADA RECUNCHO DO COLE

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Desde a biblioteca queren compartir con todos a celebración do Día da Biblioteca!

 

Hoxe celebramos o noso día, o Día das Bibliotecas!!!

E... que mellor que celebralo cun vídeo feito polos nosos nenos??
 
Este ano, os alumnos de 2º de Educación Primaria fixeron un vídeo marabilloso. Nel contan todas as cousas que podemos atopar en Bibliopepeiño!! E, por suposto, convidanvos a todos a visitar un mundo cheo de soños... un mundo no que todo é posible! O MUNDO MÁXICO DOS LIBROS!!!Atrévete a soñar, imaxinar, sentir, vivir outras vidas... 
 
Como din os nosos nenos... NON ESPERES MÁIS!!!!
 
VENTE Á BIBLIO XA!!



Son uns auténticos actores! Esperamos que vos guste! Cámaraaaas e.... ACCIÓN!!!!!

LISTAXE DEFINITIVA FONDO DE LIBROS CURSO 2019/20

AQUÍ ESTÁ A LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR.

LISTAXE PROVISIONAL DO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO ESCOLAR 2018/19

AQUÍ ESTÁ A LISTAXE PROVISIONAL DOS FONDOS DE LIBROS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR!!

Distribuir contido


by Dr. Radut