Skip to Content

OS PRIMEIROS CAMBIOS NO PATIO!!!

Versión para imprimir

Comezamos ca creación de 2 montículos, un grande e outro máis pequeno. Nel plantaremos céspede e será un gran elemento de xogo no patio (subir, baixar, rodealo agocharse...)  e ademáis potenciará a actividade física dos nenos mellorando así a súa saúde. E un proceso que leva tempo, ata setembro non o poderán disfrutar pero.. merece a pena a espera!!

 

 

Construíuse unha gran horta na escola, por agora fixemos unha plantación de leitugas pero servirá para facer unha preciosa horta e que os nenos e as nenas poidan plantar, regar e recoller productos da horta.

 

Tamén pintamos xogos no chan do patio de infantil; todo un éxito!!

Puintamos un laberinto, un xogo de saltar e un circuito vial.

Neste patio traballamos todos: profes, nenos, persoal do concello... O próximo sábado tócalle as familias de 4 e 5 anos que pintarán o valado do areeiro .Xa colgaremos as fotos para que vexades como quedou!!!

 



page | by Dr. Radut