As nenas e nenos de 1º de E.P. volveron das vacacións de Semana Santa dispostas/os a deixarnos abraiadas e, sen dúbida, conseguírono.
Cambiamos de espazo e estivemos debuxando con diferentes recursos as nosas familias. Cada nena/o escolleu como desexaba representala, obtendo creacións moi diversas e enriquecedoras.
Esta vez tocoulles aos nenos de 1º, 2º e 3º de primaria; plantaron remolachas, cenouras, brócoli, leitugas... Abonaron, prantaron, regaron e pasaron unha xornada lúdica e moi didáctica na horta da Sangriña. Agora toca esperar, regar, quitar malas herbas, sachar... a ver se despois podemos ir a recoller!!!
As nenas e nenos de 1º de Educación Primaria queren conmemorar o día de San Valentín recitando tres poemas do libro “O libro dos bicos” de Xosé Luna Sanmartín. Sen dúbida, efectuaron un traballo marabilloso.
DEBIDO AO CURSO "ESPECIAL" NO QUE NOS ATOPAMOS , TODOS OS MESTRES/AS PRECISAN TER UNHA REUNIÓN INICIAL CAS FAMILIAS, ANTES DO COMEZO DAS CLASES, PARA EXPLICAR O NOVO PROTOCOLO COVID ENTRE OUTROS PUNTOS A TRATAR.
OS HORARIOS, A DATA E O LUGAR SON OS SEGUINTES:
3 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 13:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.
4 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 9:00 NO SALÓN DE ACTOS.
5 ANOS: LUNS 7 DE SETEMBRO AS 11:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS.
1º PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO AS 9:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS
2º A PRIMARIA: LUNS 7 SETEMBRO AS 10:00 NA AULA (no primeiro piso)
2º B PRIMARIA: LUNS 7 SETEMBRO AS 12:00 NA AULA (no primeiro piso)
3º A PRIMARIA: MARTES 8 DE TEMBRO AS 12:00 HORAS NA AULA (2º PISO)
3º B PRIMARIA: MARTES 8 DE SETEMBRO AS 10:00 HORAS NO SALÓN DE ACTOS
4º PRIMARIA: MARTES 8 A LAS 11:00 HORAS NO SALON DE ACTOS
5º PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO AS 10:30 NO SALÓN DE ACTOS
6º PRIMARIA: VENRES 4 DE SETEMBRO AS 9:00 NO SALÓN DE ACTOS
MAÑÁ VENRES 5 DE XUÑO É O DIA DO MEDIOAMBIENTE, UN DÍA MOI IMPORTANTE, PROPÓÑOVOS QUE FAGADES UN POUCO DE LAND ART!!!
O land art ou arte terrestre consiste en facer intervencións artistícas en espacios naturais usando os propios elementos que nos ofrece a natureza, sería como unha escultura ou arquitectura na paisaxe.
A proposta consiste en facer un tipo de land art, "mandalas" con elementos naturais, podemos usar pedras, follas, paus, flores, area, cunchas, froitos secos, sementes… facendo unha composición circular, en espiral, con forma de radio (como a roda dunha bici), en forma de cruz… podedes usar un só material ou combinar varios.
Este traballo favorece a concentración, a creatividade, a orde, traballa conceptos matemáticos como a simetría, o tamaño… e sobre todo ofrece un efecto visual e emocional tanto no artista como no espectador.
A obra pode ser pequeniña ou moi grande!!! non hai límites
OS NENOS E AS NENAS DE PRIMEIRO DE PRIMARIA RECIBIRÓN ESTA MAÑÁ A VISITA DOS BIÓLOGOS DE ECOPLANIN QUE TRABALLAN PARA A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA, CO FIN DE CONMEMORAR O DÍA DOS HUMEDAIS QUE SE CELEBRA O PRÓXIMO 2 DE FEBREIRO.
ESTABA ORGANIZADA UNHA SAÍDA AO ESTEIRO PERO DEBIDO A CHUVIA OS ESPECIALISTAS VIÑERON AO CENTRO E EXPLICÁRONLLE AOS NENOS DIVERSAS CURIOSIDADDES SOBRE OS ANFIBIOS, AVES E INSECTOS QUE HABITAN NO BAIXO MIÑO, ASÍ COMO A DISTINGUIR PLUMAS, CANTOS OU CARACTERÍSTICAS PECULIARES DE CADA ESPECIA.
OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL, DE PRIMEIRO DE PRIMARIA XUNTO COS ALUMNOS DA GÁNDARA PASARON UNHA XORNADA LÚDICA E DIVERTIDA EN INDIANA BILL (RAMALLOSA). AQUÍ PODEREDES VER ALGUNHAS DAS FOTOS!!