Skip to Content

1º Educacion Primaria

INFANTIL E 1º PRIMARIA

OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL, DE PRIMEIRO DE PRIMARIA XUNTO COS ALUMNOS DA GÁNDARA PASARON UNHA XORNADA LÚDICA E DIVERTIDA EN INDIANA BILL (RAMALLOSA). AQUÍ PODEREDES VER ALGUNHAS DAS FOTOS!!

 

 

XA CHEGA O SAMAÍN!!

 

Estimadas familias:

  Achegase o Samaín e xa comezamos a preparar a celebración. O tema deste ano será “Noite de mortos”.

  Coma outros anos, convidámosvos a  colaborar na decoración do centro achegando as cabazas que preparedes

cos vosos fillos e fillas. Podedes traelas ao colexio o luns 28 dende as 8:15 da mañá.

  O día 30 de outubro celebraremos a festa na escola. Por suposto, os alumnos poden vir disfrazados ese día

  Entre outras actividades, realizaremos unha “Andaina monstruosa” pola vila da Guarda. 

  Sairemos da escola ás 10:00 cara a praza de Avelino Vicente, onde faremos unha parada na que poderemos disfrutar

dunha cancións que cantarán os nenos e nenas.

  Os alumnos de Primaria seguirán logo cara a Praza do Reló onde volverán cantar e os mais pequenos irán á Alameda.

  Ao rematar volveremos ao cole para continuar coa celebración e merendar.

  Nesta ocasión correspóndelle aos alumnos de 6º e 1ºA  traer a comida. Recordámoslles ás familias dos nenos e nenas

que teñen algunha alerxia alimentaria que, para maior seguridade, deben traer a súa merenda ese día.

 Moitísimas grazas pola colaboración!

 Aquí están as cancións que traballaremos no cole:

 

 

 

XORNADA DE CONVIVENCIA NO SAN XEROME

O luns 4 de febreiro, o alumnado de Infantil de 4 anos xunto cos compañeiros de 1º de primaria tiveron o privilexio de compartir cos alumnos de San Xerome unha xornada de convivencia.

Por grupos participamos en talleres de cociña, manualidades, na aula sensorial....

Os alumnos de San Xerome  estiveron moi activos desenvolvendo o rol  de mestres e mestras!

Como aprendemos con eles! 

Foi unha experiencia marabillosa e que ben seguro non esqueceremos!!!

 

TÓMBOLA 2018

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA PARA POTENCIAR E FOMENTAR  O USO  DA NOSA LÍNGUA ORGANIZOU UNHA TÓMBOLA. AO LONGO DO CURSO OS NENOS GAÑABAN PUNTIÑOS POR FALAR E USAR O GALEGO E TAMÉN POLA LECTURA DE CONTOS, DENDE A BIBLIOPEPIÑO 

TEMOS QUE AGRADECER A COLABORTACIÓN DO SUPERMERCADO CONSUM, AS FARMACIAS BARBI E LÓPEZ SOBRINO, ASÍ COMA A TODOS OS MESTRES E PERSOAL DO CENTRO QUE APORTARON AGASALLOS E XOGUETES.

AQUÍ VOS DEIXO A REPORTAXE DA XINCANA DE XOGOS TRADICIONAIS QUE FIXEMOS PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS, ASI COMA DA TÓMBOLA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

MATERIAL ESCOLAR 2º PRIMARIA

AQUÍ ESTÁ A LISTA DE MATERIAL ESCOLAR DE SEGUNDO DE PRIMARIA. UN SAÚDO

O nenos de 1º e 2º foron ó teatro

O venres, os alumnos de 1º e 2º desprazáronse a Vigo para ver a divertida montaxe de monicreques DE FÁBULA, dos vigueses ARTELLO. 

Despois, unha sorpresa: 

Os  dinosaurios anda polas rúas de Vigo!!!

Clicade na imaxe para ver que ben o pasaron

SAÍDA A APÍPOLIS

O PASADO 13 DE ABRIL OS NENOS E AS NENAS DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA, FIXEMOS UNHA SAÍDA A APÍPOLIS. AQUÍ ESTÁ UN VÍDEO QUE CASE TODAS AS FOTOS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!

 

Primeiro exprés

Para os meus nenos 

Distribuir contido


by Dr. Radut