Desde este curso 2011/12, o noso colexio, pasa a integrarse dentro da rede de centros Abalar. A concesión deste Proxecto para o CEIP “A Ponte”, supón un paso máis no desenvolvemento das novas tecnoloxías, aplicadas a educación e formación dos alumnos e alumnas.
O equipo TIC quere desde estas liñas, agradecer a toda a Comunidade Educativa, a implicación e aceptación que tivo desde os primeiros momentos, para que se puidera optar a ser centro Abalar. Non sería xusto esquecernos do equipo directivo, xa que soubo crear as condicións, para que se puidesen realizar as obras de infraestrutura precisas.
Neste ano académico, será a aula de 5º de E. P. a que contará co equipamento Abalar (miniportátiles para cada un dos alumnos, encerado dixital interactivo, conexión wifi dentro da aula, portátil para o profesorado, armario de carga etc). Para o vindeiro curso incorporarase a aula de 6º, co cal xa teremos as dúas aulas do terceiro ciclo con esta dotación. Isto supón usar novos medio e tamén a posibilidade de crear contidos educativos e ter acceso ao repositorio que xa existe.
Aínda que directamente só afecta a estas dúas aulas, todo o profesorado poderá ter acceso ao manexo e recursos creados, para iso imos a facer un PFAC (proxecto de formación e asesoramento en centros) cunha duración de 50 horas, para que todos poidamos poñernos ao día, nas ferramentas Abalar, e logo lévalo a práctica diaria cos nosos alumnos.