Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público (BOE nº 89 do 13/04/2007). Regula no artigo 48 os permisos dos funcionarios públicos e no artigo 49 os permisos por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e por razón de violencia de xénero.
Lei 13/2007, do 27 de xullo, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que dá unha nova redacción ao artigo 70, variando substancialmente a regulación dos permisos e licenzas.
Solicitude de permiso para asistir a actividades de formación organizadas polas universidades, organizacións sindicais, asociacións profesionais ou similares.
O profesorado interesado formularalle a súa solicitude ao xefe territorial, a través da dirección do centro.