Presentamos a nosa experiencia con nenas/os TEA, semellante á de moitos educadores, por se pode servir de estímulo ou axuda para aqueles que estean comezando a súa andaina no mundo das persoas con autismo. Definición de Autismo O autismo é un Trastorno Xeneralizado do desenvolvemento, que se fai evidente nos 30 primeiros meses da vida, e afecta á interacción social, comunicación e imaxinación. Tamén manifesta patróns repetitivos de conduta. Causas As institucións científicas internacionais, recoñecen que o autismo, débese a anomalías do sistema nervioso central, sendo o resultado de disfuncións multifactoriais do mesmo. Prevalencia A prevalencia do autismo incrementouse nos últimos anos, sendo de 1 cada 750 e se se inclúe todo o campo, pode chegar a afectar a 1 por cada 250 nenos. Non existen diferenzas, pois afecta indistintamente a persoas de diferentes clases sociais, nivel económico ou etnia. Intervención Consideramos que deberiamos facilitar aos nosos alumnos/as: »Ambientes estruturados. Un programa efectivo que usa o ensino estruturado e o programa Teach. »Obxectivos funcionais. »Aprendizaxe sen fallos. »Adaptación ás características persoais. »Desenvolvemento de habilidades sociais. »Utilización de sistemas alternativos de comunicación. » Anticipación con paneis, axendas, horarios de todas as actividades do día ou de eventos posteriores.
Esta introdución, así como a presentación que se engade como adxunto, débese ao traballo da mestra de P.T. do noso centro, Otilia Vázquez Mouriz. (tarda un pouco)
|
Pedagoxía Terapéutica
